Información
Ourense

Un Baltar "sublime" deja a la altura del betún a los políticos gallegos sobre ideas de iniciativas y retos demográficos

Información
13 Enero 2019 400 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Solo hay que ver el comunicado del Gabinete de Comunicación de la Diputación de Ourense, en el que supera a la totalidad de la clase política gallega, inclusive al propio presidente de la Xunta Alberto Núñez feijóo. "A provincia de Ourense, protagonista do debate estatal sobre iniciativas para o reto demográfico"

Manuel Baltar analizará en Madrid xunto ao Goberno de España e a International Business School, as propostas que se estudan impulsar, nos ámbitos tecnolóxico, sociolóxico, cultural e do emprego para facer fronte ao depoboamento do rural e reactivar os concellos rurais.

  •  
  • O presidente da Deputación de Ourense compartirá mesa de debate coa comisionada do Goberno fronte ao reto demográfico, Isaura Leal, e co xornalista Manuel Campo Vidal, "nunha xornada que nos permitirá debater cos principais axentes implicados no reto demográfico en España as medidas que a curto e medio prazo é necesario desenvolver para revitalizar as zonas rurais", afirma Manuel Baltar.

Ourense, 12 de xaneiro de 2019.- A provincia de Ourense destaca o seu liderado e iniciativa a prol de medidas que permitan facer fronte ao reto demográfico para contribuír a dinamizar os concellos do rural. Así o reflicte o debate estatal sobre iniciativas para reto demográfico, que a International Business School -entidade presidida polo xornalista Manuel Campo Vidal-, organiza en Madrid e no que Ourense será a provincia que dará voz ás reflexións, problemáticas e iniciativas que desde o ámbito provincial se suscitan para promover unha maior dinamización e fixación de poboación no rural. Unha preocupación que o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, vén situando na axenda do debate nacional e internacional en todos os foros nos que participan, tanto como máximo representante provincial como desde Partenalia, a organización europea de gobernos provinciais, que preside, e como vicepresidente da CEPLI, a Confederación Europea de Poderes Locais Intermedios, a primeira e maior rede de cooperación territorial europea, integrada por asociacións de provincias de oito estados de la Unión Europea, ademais dos 40 territorios europeos que integran Partenalia e Arco Latino.

"En todos os ámbitos é necesario incidir no reto demográfico desde unha perspectiva de favorecemento cara aos municipios do rural", explica Manuel Baltar, quen defenderá en Madrid o vindeiro 31 de xaneiro, nesta mesa de debate, xunto á comisionada do Goberno fronte ao reto demográfico, Isaura Leal, e ao xornalista Manuel Campo Vidal, presidente da International Business School, "a importancia de que a política de cohesión e o financiamento que a Unión Europea dedica ao ámbito social incremente recursos económicos para desenvolver proxectos "demográficamente efectivos", que afonden na problemática desde unha perspectiva estrutural, achegando plans específicos de emprego rural, beneficios fiscais para as empresas que se asenten nestes territorios, e que se implementen novos servizos, acordes coas necesidades da poboación, nesta era onde a tecnoloxía e a innovación tanto participan das nosas vidas", afirma Baltar.

Persoas, non estatísticas

Manuel Baltar destaca a idoneidade e practicidade que supón un debate entre o Goberno de España e o ámbito académico, "contando coa visión dunha provincia, Ourense, que se ten significado nos últimos tempos polo seu liderado en materia de innovación tecnolóxica no ámbito da xestión dos servizos públicos, poñendo en marcha iniciativas, como a de "Provincia Intelixente", que van na liña de manter ese necesario equilibrio entre tradición e modernidade do rural, pero coa mellora dos servizos e a eficacia dos mesmos, porque non se trata só de analizar o debate demográfico pensando en números (habitantes) senón no territorio; o rural faise con persoas, non con estatísticas, e para acadar medidas eficaces contra o despoboamento cómpre ter en conta aspectos como a mobilidade, as infraestruturas ou os servizos sociais, os cales non deben desenvolverse en termos de cantidade senón de calidade".

Tamén lembra Baltar "o carácter decisivo e fundamental" que terá para a provincia de Ourense a próxima chegada da Alta Velocidade e que xa está a ter o impulso que o goberno provincial da ao termalismo con plan "Ourense, a provincia termal", única iniciativa deste tipo en España, que a Deputación de Ourense desenvolve coa Xunta de Galicia, e que está a supoñer unha importante promoción para a "marca Ourense", e para a competitividade do sector termal e do turismo na provincia ourensá.

"Os gobernantes temos a función de favorecer solucións para os servizos públicos -defende Baltar-, e o demográfico e, sen dúbidas, o maior reto ao que se enfrontan as sociedades desde os tempos da Revolución Industrial, un desafío ao que debemos facer fronte con iniciativas "posibles e realizables" pero tamén coa máxima celeridade. Da concienciación debemos pasar xa á acción".

A xornada de debate contará, asemade, coa participación da comisionada do Goberno fronte ao reto demográfico, Isaura Leal, quen coincide con Manuel Baltar en que o reto demográfico non admite máis demoras, e que é preciso ir equilibrando a vida entre os territorios despoboados e os que contan con maior poboación. O reto da comisionada é o de levar a cabo unha estratexia nacional para acadar o equilibrio na pirámide poboacional, integrando actuacións da Administración Xeral do Estado e as que resulten da colaboración entre as demais administracións públicas.

Os principais axentes implicados no reto demográfico daranse cita o vindeiro 31 de xaneiro en Madrid, na sede da Internacional Business School, unha xornada na que tamén participará o presidente desta entidade, Manuel Campo Vidal, quen se vén significando por impulsar un debate multidisciplinar no que participen todos os sectores relacionados con esta problemática, para achegar solucións consensuadas e plurais para dar resposta ao reto demográfico. Unha xornada, como defende Manuel Baltar, "que nos permitirá debater cos principais axentes implicados no reto demográfico en España as medidas que a curto e medio prazo é necesario desenvolver para revitalizar as zonas rurais", afirma.

O debate demográfico é un punto imprescindible na axenda política e social, e por elo a Cátedra do Reto Demográfico, que impulsa a International Business School comezou o pasado mes de decembro a súa andaina cun foro que contou coa participación de Luis Planas, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, xornada na que tamén estiveron representadas institucións e organizacións como a Rede Española de Desenvolvemento Rural e a Asociación de Municipios de Montaña. Neste ámbito, estase a impulsar tamén a creación dunha rede de periodistas especializados na materia, que contribúa a promover na sociedade a sensibilización necesaria para que a implicación na problemática demográfica sexa máxima.

Potenciar o debate demográfico

A xornada do vindeiro 31 de xaneiro, con Manuel Baltar, Isaura Leal e Manuel Campo Vidal incidirá, precisamente, na liña de potenciar o debate demográfico a prol do rural, para que administracións e entidades traballen con eficacia e celeridade nas políticas económicas e sociais que favorezan a tan necesaria dinamización dos municipios rurais.

Neste sentido, recentemente Manuel Baltar mantivo unha reunión de traballo con Manuel Campo Vidal, na que determinaron que a Deputación de Ourense e a International Business School desenvolverán iniciativas no marco da Cátedra sobre o reto demográfico, que a IBS impulsa no ámbito nacional, no que atinxe ao ámbito formativo e investigador da realidade demográfica. Baltar puxo en coñecemento do presidente da IBS os programas postos en marcha pola Deputación de Ourense en materia demográfica, como o Plan de apoio á natalidade e proxectos relevantes como o Observatorio do Rural, tema este sobre o que Campo Vidal amosou o seu interese en participar aportando todo o coñecemento que a cátedra porá en valor, contando coas achegas dos mellores especialistas de España en cuestións demográficas.

Imagen de la noticia para enredadera ppdeg xornal de Xornal Galicia

La trama "enredadera" con multitud de detenidos por toda España ...

Xornal Galicia-5 jul. 2018
La trama "enredadera" con multitud de detenidos por toda España implica ... fuentes de Xornal Galicia nos afirman que ya era conocedor de las ... Los invitados del PPdeG en las comilonas en Ribadumia acaban trade o ...
Imagen de la noticia para enredadera ppdeg xornal de Xornal Galicia

La "operación ENREDADERA" se acerca peligrosamente a Feijóo al ...

Xornal Galicia-5 jul. 2018
La "operación ENREDADERA" se acerca peligrosamente a Feijóo al ... algo que no pudo hacer con Xornal Galicia, que guarda copia peritada de su .... Los invitados del PPdeG en las comilonas en Ribadumia acaban trade o ...
Imagen de la noticia para enredadera ppdeg xornal de Xornal Galicia

Ulibarri buscó la intermediación de un amigo de Feijóo para amañar ...

Xornal Galicia-30 ago. 2018
La trama 'Enredadera', cuyo presunto cabecilla es el empresario leonés José Luis Ulibarri, trató de acercarse al exalcalde de La Coruña y ...

En Galicia non é cuestión de masteres, Ánxeles Vázquez Conselleira ...

Xornal Galicia-12 sept. 2018
Xornal Galicia xornalgalicia.com/6706-angeles-vazquez 3 ago. .... O PPdeG, Feij . ... La trama "enredadera" con multitud de detenidos por .
Otros articulos relacionados.....
23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)