Información
Ourense

Manuel Baltar usa seu cargo público para fomentar o "consumo de alcohol" na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia

Información
03 Abril 2019 1051 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe en Expourense, no marco da 8ª edición da feira "Vinis Terrae", na presentación do monográfico nº 4 da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) sobre treixadura, a variedade de uva que mellor se identifica co Ribeiro, un acto que contou tamén coa participación do director da Evega, Juan Manuel Casares, e do director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez Vázquez.

 

Manuel Baltar agradeceu o labor que está a desenvolver a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia coa publicación destas monografías, un traballo moi documentado, dirixido non só a profesionais senón tamén ao público en xeral, xa que están escritas de xeito didáctico". Este traballo divulgativo da Evega contribúe, segundo o presidente do goberno provincial, "a posicionar un produto como o viño e os matices dunha variedade como a treixadura que, sen dúbida, é sinónimo de Ribeiro e de Ourense".

Baltar reiterou a importancia dun certame como "Vinis Terrae", que se celebra grazas ao financiamento da Deputación de Ourense e que supón o evento máis importante dos viños das cinco denominacións de orixe galegas. Importadores e compradores de 14 países teñen a oportunidade, onte e hoxe, de coñecer os produtos das máis de 50 adegas adscritas ás denominacións de orixe galegas, un sector, o vitivinícola, "estratéxico para a economía ourensá e que conta coa Deputación de Ourense como aliada para favorecer a súa competitividade e promoción, dada a relevancia da nosa provincia neste ámbito, ao contar con catro das cinco denominacións de orixe galegas".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+