O Goberno de Feijóo pon en grave risco a saude dos veciños de As Neves, A Cañiza, Crecente e Ponteareas

Información
Pontevedra 10 Abril 2019 1151 votos - Registrate para votar

Patricia Vilán alerta de deficiencias de infraestruturas e persoal nos centros de saúde de As Neves, A Cañiza, Crecente e Ponteareas.

A parlamentaria socialista Patricia Vilán levou ao Pleno do Parlamento celebrado hoxe unha pregunta oral na que lle reprochou ao conselleiro de Sanidade a situación “deficiente” da sanidade pública na comarca do Condado – Paradanta. A parlamentaria pontevedresa alertou do “déficit de infraestruturas e persoal” nun servizo que se mantén “grazas ao traballo dos profesionais, que redobran esforzos para manter un nivel asistencial digno”.

 

A responsable fixo un relatorio dos distintos centros de Saúde das localidades da comarca, como o caso de As Neves, onde “conta cun só cuarto de baño para pacientes e persoal, con dificultades de accesibilidade e un pediatra compartido co Concello de Arbo”. En A Cañiza hai “persoal que presta asistencia no propio centro, a domicilio e no exterior cando os mobiliza o 061, momentos nos que queda sen asistencia e os enfermos teñen que desprazarse a Ponteareas”.

En Crecente, dixo, hai “dous médicos de familia e un enfermeiro que só está fisicamente dúas horas e media. Mentres, en Ponteareas non poden utilizar a máquina de raios X pola tarde porque non hai técnico, obrigando aos pacientes a desprazarse a Vigo. O Centro de Saúde dispón de 3 pediatras, dous en horario de mañá e unha pola tarde que leva case un ano de baixa.

O centro de Ponteareas ten tódolos espazos ocupados e “non poden reordenar servizos, polo que a acumulación de pacientes é diaria”, co que os médicos familia atenden aos pacientes propios e aos de urxencias, e moitos médicos da quenda de mañá “teñen que facer 4 horas de tarde se hai algunha baixa”.

Xuntanza co Ministerio

A responsable socialista criticou o “plante” do conselleiro de Sanidade á xuntanza convocada para hoxe no Ministerio de Sanidade, e advertiu que “será que vai sobrado co que fai e non necesita falar de nada” co Goberno de España, logo de armar unha campaña contra o Executivo central.

Advertiu que “dende que gobernan -2009- deixaron marchar 150 prazas MIR” por non terlle presentado as solicitudes ao goberno central e “hai 1.249 profesionais menos na Atención Primaria de Galicia”.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600