Información
Pontevedra

Vilagarcía saldou con éxito a tempada turística de Semana Santa cun notable incremento de visitantes

Información
01 Mayo 2019 862 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

30.04.2019.- O número visitantes que acoden a solicitar información á Oficina de Turismo de Vilagarcía é un bo medidor do movemento turístico rexistrado na cidade no seu conxunto. Segundo a memoria facilitada polo servizo municipal, un total de 712 persoas pasaron polas súas dependencias no período vacacional da Semana Santa, contabilizado entre o 12 e o 23 de abril. Esta cifra case duplica a rexistrada o ano anterior e é a máis elevada dos últimos nove anos.

En relación á orixe das persoas que visitaron Vilagarcía en Semana Santa, a inmensa maioría era turismo nacional (case o 83%), seguido do 15% de visitantes galegos. No primeiro apartado destacan os visitantes procedentes de Castela León (35%) e de Madrid (26), seguidos dos do Principado de Asturias (19%). Non obstante, pola Oficina de Turismo tamén pasaron visitantes procedentes de Pais vasco, Castela a Mancha, Cantabria, Cataluña, Aragón e Andalucía.

No que ao turismo interior galego se refire, máis da metade procedían de municipios da propia provincia de Pontevedra (64%), e da Coruña (25%), con menor incidencia dos de Lugo e Ourense.



Aínda que o turista estranxeiro foi minoritario durante a Semana Santa en Vilagarcía, representando pouco máis do 2% do total, a meirande parte deles procedía de Portugal (35%), seguidos dos de Alemania (23,5%) e Arxentina e Países Baixos (12%). En proporcións inferiores tamén se constatou a presenza de visitantes de Irlanda, Noruega e Sudáfrica.

A memoria da Ofician de Turismo analiza tamén o aloxamento elixido polos visitantes que fixeron as enquisas durante o seu paso polas dependencias da Peixería. A cuarta parte deles aloxouse en casa de familiares (25,6%) e o 22% en hoteis, mentres que o 19,5% teñen segunda residencia en Vilagarcía e o 17% recorreu ao aluguer de apartamentos.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+