Información
Pontevedra

Á SGAE quere "sacudirlle" 88.609 euros por espectáculos celebrados aos veciños/as de Vilagarcía

Información
08 Junio 2019 133 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O Concello de Vilagarcía recorre xudicialmente o pago á Sociedad General de Autores y Editores de 88.609 euros por concertos e espectáculos celebrados en Vilagarcía entre os anos 2008 e 2013. O Concello considera incorrecto o cálculo da suma fixada con concepto de indemnización tras a demanda interposta pola SGAE, e aí que decidise apelar ante o Xulgado do Mercantil nº2 de Pontevedra.
07.06.2013.- A demanda interposta pola SGAE contra o Concello de Vilagarcía enmárcase na batalla legal que a sociedade iniciou hai xa uns anos contra Concellos, orquestras, bares e locais musicais co obxecto de ingresar taxas pola difusión, interpretación e utilización de obras musicais, teatrais e cinematográficas, en concepto dos Dereitos de Propiedade Intelectual.

No caso do Concello de Vilagarcía trataríase de algúns concertos e espectáculos celebrados, principalmente durante as festas de San Roque do período sinalado (2008-2013). A apelación do Concello baséase en dous puntos. En primeiro lugar, exponse que no caso dos concertos das festas os artistas interpretaron o seu propio repertorio, polo que os dereitos de autor xa ían incluídos no seu caché. 

E en segundo lugar, alégase contra o cálculo das tarifas aplicadas pola SGAE e que consisten “nunha porcentaxe sobre o presuposto dos gastos necesarios do espectáculo en cuestión”. O Concello expón que o cálculo efectuado non se centrou nos “gastos necesarios para a celebración do espectáculo” se non que se realizou sobre o gasto total que conlevaron os espectáculos máis alá da parte meramente artística, incluíndo aspectos como os gastos de representación dos artistas, o cátering, o aloxamento, o persoal de seguridade e mesmo o aluguer de baños químicos; situación que eleva sobremaneira o a suma total que realmente correspondería aboar.

O Concello confía en que se teñan en conta os seus argumentos e que consecuentemente, e que o cálculo final reduza a cantidade a aboar a SGAE. En canto aos dereitos de autor dos espectáculos posteriores ao 2013, o Concello está totalmente ao corrente de pago.
Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+