Información
Pontevedra

Carmela Silva utiliza os fondos públicos de "o compromiso do SinSal" para facerse fotos onde solo se realza a sua figura persoal

Información
23 Julio 2019 407 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Os vindeiros días 25, 26, 27 e 28 de xullo a Illa de San Simón acollerá unha nova edición do "Sinsal Son Estrella Galicia", unha das citas dos #FestivaisRíasBaixas que promove a Deputación de Pontevedra e un evento "comprometido cos novos valores do S.XXI: a sustentabilidade do entorno, o compromiso co medio ambiente na loita contra os plásticos e o compromiso coa igualdade, ao ter moitas artistas mulleres tanto no cartel coma na organización". Así o puxo en valor esta mañá a presidenta provincial na presentación do festival na lonxa de Cesantes, na que tamén participou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o concelleiro de cultura e turismo, Daniel Boullosa, e o codirector di festival, Luis Campos. "Amais, como novidade, este ano o festival contará cunha artista trans, o que engade a diversidade como un valor máis do Sinsal", salientou Silva.

 

Neste eido, a presidenta da Deputación resaltou que "dende a institución provincial imos traer o noso vídeo Sorrisos transformadores, realizado coa Asociación Arelas, no que o colectivo trans conta o seu desexo de ser feliz cada día". Durante a súa intervención, Carmela Silva tamén enxalzou a posta en valor no festival "do produto local e ligado a ecoloxía, esta é outra das cuestións que temos que promover". Un ano máis, a principal característica do Sinsal Son Estrella Galicia é o carácter secreto do seu cartel, "pero malia que aínda se descoñecen, as súas e os seus artistas sempre teñen unha enorme calidade musical", apuntou Silva e engadiu que "este festival é moi especial porque ten todos os ingredientes para converterse en único". Pola súa banda, a alcaldesa de Redondela sinalou que "de cara ao ano que vén queremos que toda a veciñanza de Redondela estea implicada neste festival que, tanto a nivel nacional como internacional, ten moitísimo impulso. Estou encantada de que se celebre aquí".

Tal e como sinalou Carmela Silva, este ano a Deputación de Pontevedra, ao igual que no resto dos festivais, terá no "Sinsal Son Estrella Galicia" unha carpa propia de igualdade para previr o acoso e as agresións sexuais coa campaña "Eu decido, ti respectas". De feito, esta mesma mañá, co obxectivo de amosar as novidades desta terceira edición e o plan de traballo, así como para presentar o balance da pasada edición da campaña neste festival, persoal da Deputación mantivo hoxe un encontro no Salón de Plenos do Concello de Redondela coa alcaldesa, Digna Rivas, representantes da corporación municipal, da Policía Local, da Corporación Nacional de Policía, a psicóloga e a avogada do CIM.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....