Información
Pontevedra

As cifras de Turismo de Carmela Silva do 83% están moi lonxe das anunciadas por o Goberno de Feijoo do 93% e das do sector que as sitúan en menos deo 60% de ocupación e como o peor ano dende o 2009

Información
06 Septiembre 2019 1189 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Balance Turismo de agosto

Cun 83% de ocupación media, a provincia de Pontevedra sitúase "novamente como o puntal turístico de Galicia". Carmela Silva detallou esta mañá os datos  de turismo "moi positivos" do pasado agosto, que responden a un estudo rigoroso procedente do Big Data, a través de fórmulas estatísticas que garanten un nivel de confianza do 95%.

 

"A ocupación foi moi positiva a pesar de que agosto deste ano foi, segundo os informes de Meteogalicia, o segundo mes coa temperatura máis baixa da década e con precipitacións que o sitúan como o máis húmido do último lustro", asegurou  a presidenta da Deputación. Máis polo miúdo, e por comarcas, O Salnés acadou o 88% (chegando ao 90% en vilas como Sanxenxo e ao 86% no Grove), Pontevedra o 86% (sendo do 75% na cidade de Pontevedra), O Morrazo o 86,3%, Caldas o 76%, Vigo o 87% (coa mesma porcentaxe na cidade  que acadou ademais o 100% durante a fin de semana do Marisquiño, e chegando ao 90% en Baiona), O Baixo Miño do 87,4%, O Condado e A Paradanta do 74% e Deza e Terra de Montes do 79%.

Con respecto ao turismo rural os resultados "foron espectaculares", cunha media provincial en agosto do 84%. Neste eido, a presidenta provincial fíxose eco dos datos proporcionados pola web escapadarural que sitúan á provincia como a terceira española coa maior porcentaxe de ocupación, soamente superada por Málaga e Cádiz. Carmela Silva detallou o resultado de ocupación de turismo rural por comarcas que chegou ao 89% na do Salnés, 80,5% na comarca de Pontevedra, 92% no Morrazo, 91,4% na comarca de Caldas,  74% na de Vigo, 91,1% no Baixo Miño, 82% nas comarcas do Condado e da Paradanta e ao 71% nas do Deza e Terra de Montes.

No que respecta aos albergues, a ocupación en agosto chegou ao 85% segundo informou a presidenta da Deputación. Máis polo miúdo, nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e O Morrazo chegaron ao 90%; na comarca de Vigo ao 83,6%; na de Caldas ao 99,3%; no Baixo Miño, O Condado e A Paradanta ao 90% e en Deza e Terra de Montes ao 62,5%.

Pola súa banda os cámpings acadaron unha ocupación media provincial do 75,3%. Neste caso os cámpings do Salnés chegaron ao 82,4%, no Morrazo ao 71%, na comarca de Vigo ao 83,3%, no Baixo Miño ao 55% e nas comarcas do Condado e A Paradanta ao 85%.

En canto ás vivendas turísticas, a presidenta provincial subliñou que a ocupación chegou ao 100% en zonas como Sanxenxo, Cambados, Poio, Pontevedra, Vigo, Nigrán, O Grove, Cambados e Silleda. En Baiona, Cangas, Vilagarcía, A Guarda e A Illa superaron o 92% e en Marín, Meaño,  Nigrán, Caldas, O Porriño e Vilaboa o 87,5%. No caso destes establecementos, o perfil de persoas usuarias é de familias formadas por entre 2 e 4 membros, procedentes de todo o territorio estatal e que desfruta de estancias entre 7 e 10 días.

Perfil das persoas que acoden ás oficinas de Turismo Rías Baixas

A presidenta tamén facilitou o perfil das persoas que se achegan ás oficinas de Turismo Rías Baixas. Trátanse de persoas españolas (85%) procedentes de Madrid, Barcelona, Biscaia, Valencia e Valladolid. As que proveñen do estranxeiro (15%) veñen de Francia, Reino Unido, Italia, Alemaña e Portugal. O 54% conta con idades comprendidas entre os 35 e 60 anos e alóxanse en hoteis entre 7 e 15 días. A maioría destas persoas chegan ata a provincia por cuestións relacionadas coa cultura, ocio, gastronomía e natureza e a porcentaxe maioría veu por primeira vez ás Rías Baixas.

Castelos e Camiños a Compostela

En liñas xerais durante agosto pasaron polo Castelo de Soutomaior e de Sobroso máis de 9.000 persoas. Concretamente foron 9.217, das cales 5.905 visitaron Soutomaior e 3.312 Sobroso

No que respecta aos camiños  pola provincia, o máis transitado no primeiro semestre do 19 foi o Portugués, con 30.534 peregrinas e peregrinas (13,33% máis que o ano pasado). Segue ao Portugués o Camiño pola Costa, con 8.578 persoas usuarias (82,5% máis que no 2018), a Vía da Prata con 4.310 peregrinas e peregrinos (11,98% máis) e o Camiño de Inverno con 454 persoas peregrinas (70,68% máis que no 2018).

Estimacións para setembro do 2019

A presidenta da Deputación aproveitou a ocasión para dar a coñecer as estimacións, "con moita prudencia", para o mes de setembro e que sitúan á porcentaxe de ocupación nun 51%. Máis polo miúdo, prevese un 53% para o Salnés, un 56% para a comarca de Pontevedra, un 45,5% para O Morrazo, un 65,6% para a comarca de Caldas, un 54% para a comarca de Vigo, un 57,2% para O Baixo Miño, un 31% para as comarcas do Condado e A Paradanta e un 47,2% para as do Deza e Terra de Montes.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago