Información
Pontevedra

Centos de familias galegas carecen de recursos par aafrontar os costes de libros e Carmela Silva financia gratis cursos de español para inmigrantes

Información
10 Septiembre 2019 365 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Curso español para inmigrantes

Corenta alumnas e alumnos participaron nos cursos de español para inmigrantes organizados pola Deputación de Pontevedra que se clausuran hoxe en Pontevedra e Vigo. Estes cursos, que a institución provincial subvenciona integramente incluíndo o custo da matrícula do DELE

, están encamiñados á preparación do alumnado para examinarse da proba DELE A2 (Diploma de Español como Lingua Estranxeira, nivel A2), un requisito indispensable para que logo poidan obter a nacionalidade española. De feito, o Instituto Cervantes examinará as e os participantes este vindeiro venres, 13 de setembro, no Centro de Linguas de Vigo.

Na clausura do curso, a deputada Ana Laura Iglesias desexoulle sorte para o futuro ao alumnado participante na última clase de repaso en Pontevedra antes da proba. Animouno ao destacar que o pasado ano, das 45 persoas que se presentaron ao exame tras facer os cursos da Deputación, 44 o superaron, "así que a media de aprobados é moi alta", e subliñou a intención do Goberno de Carmela Silva de manter estes cursos nos vindeiros anos: "Ogallá podamos amplialos a máis xente". Lembrou que a Deputación organiza este programa desde hai tres anos "porque sabemos que teñen un custo e ás veces non se teñen os recursos necesarios, de xeito que é difícil chegar a eles". Neste sentido, Iglesias sinalou que "ás veces, a integración é complicada, pero desde a Deputación estamos moi comprometidos coa igualdade e a integración social, e por iso promovemos estes cursos para axudarvos a que podades aprobar este exame".

As mulleres foron maioría en ambos os dous cursos en Pontevedra e Vigo. Por países de procedencia, no primeiro caso a meirande parte proviñan de Marrocos, aínda que tamén de Brasil, Rusia, Palestina e Ghana. En Vigo, a maior parte das persoas participantes son de Senegal, seguidas das de Marrocos, Brasil, Rusia, Ucraína, Angola e Irán.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....