Información
Pontevedra

Pretenden xustificar cartos públicos con mais de 400 mulleres accións formativas do programa "Conectadas 2019" nos concellos da provincia

Información
11 Septiembre 2019 637 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Carmen Silva dentro do programa "Conectadas 2019", continúa poñendo en marcha accións formativas dirixidas a apoderar as mulleres da provincia mediante a formación. Deste xeito, desde este mércores 405 mulleres pertencentes a asociacións de 18 concellos pontevedreses comezan 22 cursos. En liñas xerais, está previsto que participen desta iniciativa da institución provincial 4.000 mulleres de 53 concellos da provincia.

 

O mércores 11 de setembro comezarán seis cursos en asociacións dos concellos do Grove, Redondela, Salceda de Caselas e Vigo. No Grove terán lugar dous cursos, un de Teatro, no que participarán as mulleres da Asociación Española contra o Cancro que durará ata o 11 de decembro en horario de 18.30 a 21.00 horas, e outro de Artesanía en Coiro no que participarán integrantes da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove ata o 27 de novembro en horario de 18.30 a 21.00 horas, tamén os mércores.

En Redondela tamén comeza mañá o curso de Ioga dirixido á Asociación de Mulleres de Chapela Agarimo. Neste caso, o curso terá lugar todos os mércores de 17.00 a 19.00 horas ata o 15 de xaneiro.

Pola súa banda, en Salceda de Caselas darán comezo mañá dous cursos de Ioga, nos que participarán integrantes da Asociación de Veciños Carballeira da Picoña, e de Pilates, dirixido ás mulleres do Centro Cultural e Veciñal San Xorxe. O primeiro dos cursos terá lugar os mércores de 20.00 a 21.30 e os venres de 19.00 a 20.30 e rematará o 27 de novembro, mentres o que o segundo será os mércores de 21.30 a 22.30 e os venres de 21.15 a 22.15 ata o 15 de xaneiro.

No caso de Vigo comezará mañá o obradoiro de Mindfulness, no que participarán mulleres da Asociación Veciñal Doutor Fleming. O curso desenvolverase os mércores de 10 a 12 ata o 11 de decembro.

O xoves 12 de setembro comezarán catro cursos en asociacións dos concellos de Barro, A Guarda, O Porriño e Vilagarcía de Arousa. No primeiro concello terá lugar o obradoiro de Iniciación ao Patchwork, no que participarán integrantes da Asociación Peñaflor todos os xoves de 15.30 a 17.30 horas ata o 11 de decembro. Na Guarda terá lugar un curso de Risoterapia dirixido a mulleres da Asociación Érguete que se desenvolverá de 18.40 a 20.40 todos os xoves ata o 2 de xaneiro.

Pola súa banda, no Porriño impartirase un curso de Artesanía en Coiro dirixido a mulleres da Asociación Cultural Os Penediños todos os xoves de 19.30 a 22.00 horas ata o 26 de decembro. Finalmente, tamén o xoves, dará comezo o curso de Pilates, no que participarán mulleres da Asociación Anduriña de Sobradelo de Vilagarcía de Arousa ata o 30 de xaneiro en horario de 18.00 a 19.30.

O venres, 13 de setembro, comezarán nove cursos en asociacións de oito concellos da provincia: Caldas, Lalín, Mos, Oia, Ponteareas, Rodeiro, Vila de Cruces e Vilaboa. Así, en Caldas iniciarse o obradoiro de Artesanía en Coiro, no que participarán mulleres da Asociación Santa Mariña todos os venres de 16.00 a 19.00 horas ata o 20 de decembro. En Lalín as mulleres da Asociación de Mulleres de Filgueira comezarán o curso de Pintura que se estenderá ata o 18 de xaneiro en horario de 20.00 a 22.00. No caso de Mos terá lugar un obradoiro de Risoterapia no que participarán mulleres da Asociación As Pedriñas ata o 27 de decembro de 20.30 a 23.00 horas.

Pola súa banda, tamén o venres, empeza un curso de Iniciación á Costura no que participarán mulleres da Asociación Santa Eugenia de Mougás de Oia ata o 27 de decembro en horario de 18.00 a 20.30. No Concello de Ponteareas un grupo de mulleres da Asociación Casa Cultural de Bugarín comezan o curso de Pintura que se impartirá ata o 27 de decembro en horario de 18.00 a 20.30. En Vila de Cruces comezará Ximnasia de Mantemento, no que participarán todos os venres de 22.00 a 24.00 horas ata o 17 de xaneiro un grupo de mulleres da Asociación de Mulleres Rurais de Loño. Ademais, en Vilaboa comezará Iniciación ao Patchwork con mulleres da Asociación de Veciños Santa Cristina ata o 21 de decembro e en horario de 19.00 a 21.30.

Finalmente, en Rodeiro desenvolveranse dous cursos os venres nos que participarán mulleres das asociacións Virxe do Faro e Terras de Camba. No caso da primeira, comezarán o obradoiro de Xardinería, que se estenderá ata o 13 de decembro en horario de 17.00 a 20.00 horas; a segunda asociación fará o mesmo con Risoterapia ata o 27 de decembro en horario de 16.00 a 18.30 os venres.

O sábado 14 de setembro empezarán tres cursos nos concellos da Estrada, Silleda e Vigo. Na Estrada impartirase un obradoiro de Sendeirismo, no que participarán mulleres da Asociación de Veciños a Firgha da Somoza e que se desenvolverá ata o 7 de decembro todos os sábados de 16.00 a 19.00 horas. En Silleda terá lugar unha acción formativa de alfabetización dixital dirixida a mulleres da parroquia de Laro todos os sábados ata o 21 de decembro en horario de 16.00 a 18.30 horas. Finalmente, en Vigo terá lugar un obradoiro de Sendeirismo que comezará o sábado e que se desenvolverá ata o 7 de decembro de 10.00 a 13.00 horas.

"Conectadas 2019" é un programa provincial que pon o acento na formación desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para apoderar as mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construíren unha sociedade igualitaria. Ademais, esta iniciativa tamén busca favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias e contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a fenda dixital. Este programa está dirixido a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento e actuación, o apoderamento feminino e a consecución da igualdade de mulleres e homes

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....