Carmela Silva entra en campaña electoral cos cartos públicos inyectando 220.000 euros a 43 concellos dun total da provincia

Información
Pontevedra | 20 Septiembre 2019 | 1221 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
Subvención igualdade concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de subvencións dirixidas aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para este ano 2019. Trátase da cuarta convocatoria desta liña de axudas a través da cal a institución provincial achegará 220.000 euros a 43 concellos da provincia.

 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, explicou que o obxectivo destas subvencións é traballar en estreita colaboración cos concellos para que impulsen e realicen actuacións de cara a conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria e que loite contra as violencias machistas. A presidenta provincial tamén lembrou que recentemente, no mes de agosto, aprobáronse as subvencións dirixidas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o fomento da igualdade e loita contra a violencia de xénero. "A Deputación de Pontevedra destina recursos para os concellos e para os colectivos para loitar contra os asasinatos de mulleres. Mentres en Andalucía, o Partido Popular e Ciudadanos, da man de Vox, están a retirar subvencións aos colectivos que traballan pola violencia de xénero".