Os mortos de Vilagarcía obrigados a escoitar música clásica perturbando así seu descanso eterno

Información
Pontevedra | 30 Octubre 2019 | 3201 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

30.10.2019.- Un trío de vento composto por trombón, trompeta e tuba, amenizará o festivo do 1 de novembro no cemiterio municipal de Rubiáns. Para esta xornada tan especial, os músicos interpretarán unha selección de obras clásicas moi coñecidas, adaptadas aos seus instrumentos e tamén ao clima de recollemento que debe acompañar a esta celebración. Os músicos ofrecerán varios pases entre as 11.30 e as 13.30 horas pola mañá e de 16.00 a 17.30 pola tarde.

O mesmo horario terá o dúo clásico que acudirá ao camposanto municipal de Carril. Pese a non ser de titularidade municipal, o Concello tamén levará esta iniciativa ao terceiro núcleo urbano do municipio, Vilaxoán, cun violinista que tocará pola mañá no cemiterio parroquial de San Martín de Sobrán e pola tarde no da Pelada.

En previsión de choiva, disporanse dunhas pequenas carpas para que os músicos se resgarden, excepto na Pelada, onde o violinista tocará baixo a cuberta exterior da capela.



Coa parte musical, o Concello xa ten pechados todos os preparativos para a celebración do Día dos Defuntos. Os cemiterios e as súas contornas atópanse en perfecto estado para acoller aos visitantes. Os traballos especiais de cara a esta data concentráronse na parte exterior e nos accesos principais aos camposantos, posto que o interior goza de mantemento constante durante todo o ano.

Por outro lado, a carpa que acolle o Mercado das Flores, organizado mediante a colaboración de Concello e vendedoras da Praza de Abastos, abriu hoxe as súas portas para facilitar aos clientes a adquisición de ramos e centros cos que ornamentar lápidas e nichos. O colorido mercado estará aberto martes, mércores e xoves de forma ininterrompida de 8 da mañá a 8 da tarde, e o 1 de novembro, festivo de Todos os Santos, en horario matinal de 9 da mañá á 1 da tarde.