Información
Pontevedra

O Concello pide que se devolva á Xunta o Anteproxecto de Lei da sociedade de xestión para o ciclo da auga

Información
05 Noviembre 2019 407 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • Carme da Silva asegura que, ademais de ser “unha chapuza xurídica”, obrigaría aos concellos a asumir o financiamento de competencias autonómicas

A concelleira responsable do Ciclo da Auga, Carme da Silva, anunciou esta mañá que desde o Concello de Pontevedra se solicitou a devolución do ‘Anteproxecto de Lei de creación da Sociedade para a Xestión do Ciclo Integral da Auga’ elaborado pola Xunta de Galicia. A concelleira informou que, no período de envío de suxestións a este texto establecido a través da Fegamp e que rematou o 30 de outubro, se enviou esta recomendación “porque despois de ser analizado polo xuristas do Concello a conclusión é que este anteproxecto de lei é unha chapuza e hai que devolvelo” asegurou.

Da Silva resumiu o sentido do anteproxecto de lei como “a evidencia de que a Xunta non é capaz de cumprir coas súas obrigas en materia de depuración e saneamento e o que pretende con esta lei é obrigar aos Concellos a financiar investimentos e competencias que non son municipais”. Afondou nesta cuestión explicando que o Goberno galego “ten unha ameaza moi seria da Unión Europea de sancións por non ter as rías saneadas e depuradas e agora ante esa situación pretende que sexan os concellos os que financien unha parte importante desa falta de cumprimento das súas obrigas”.

No caso concreto de Pontevedra, asegurou que o Concello exerce en materia de ciclo da auga todas as competencias que ten e que “o que non imos aceptar é exercer as competencias que non nos corresponden e ademais sen ningún tipo de financiamento para exercelas”. Lembrou, ademais, que o Concello de Pontevedra “ten investido millóns e millóns de euros en materia do ciclo da auga, tanto en abastecemento como en saneamento, que ten os seus deberes feitos en separación de pluviais e fecais e agora a Xunta, que é a que non ten o traballo feito en materia de saneamento da ría, di que temos que pasar a financiar un tercio dos investimentos necesarios”. Unha situación que Carme da Silva asegurou que “non é admisible baixo ningún concepto e máis vindo dunha Xunta que tiña convenios asinados co Concello de Pontevedra en materia de saneamento que de forma unilateral rompeu” (en relación ao saneamento do río Gafos) 

Contradicións e incongruencias

O escrito remitido polo Concello nomea “múltiples contradicións, incongruencias, lagoas e inseguridade xurídica”, que a concelleira situou nos seguintes puntos:

– Contradición na obriga de formar parte da sociedade mercantil: regúlase tanto o capital da empresa como os servizos vinculados nos artigos 2 e 5 que, dunha banda, establece que a adhesión a esta sociedade mercantil por parte das entidades locais é voluntaria, pero por outro lado establece que as Deputacións teñen a obriga de adherirse.

– Incongruencias na fórmula de adhesión para os Concellos: para adherirse os concellos establece que deben comprar accións pero que só poden facelo addeando accións das Deputacións. A Xunta de Galiza reservaríase o control do 51% do accionariado da sociedade mercantil e o resto adquiriríano as Deputacións, polo que os concellos para adherirse terían que addear accións da Deputación correspondente. O problema estriba,  por exemplo, en que se unha Deputación non se adherise e recorrese xudicialmente esa obriga, os concellos desa provincia non se poderían adherir.

– Tarifas unilaterais: a tarifa da prestación de servizos por parte desa sociedade mercantil sería decidida unilateralmente a Xunta, como no caso de Sogama. O artigo 9 establece que o importe das tarifas así como da súa revisión será fixado na Lei de Orzamento Xeral da Comunidade Autónoma, polo que os concellos estarían obrigados a formar parte da sociedade mercantil pero non poderían participar no establecemento das tarifas dos servizoos que lles presta a sociedade mercantil da que forman parte.

– Arbitrariedade no financiamento dos investimentos: o artigo 10 establece os mecanismos para financiar as obras necesarias no caso de que unha explotación necesite investimentos, fixando un tercio dese investimento para Augas de Galicia, un tercio para a entidade local e un tercio a Deputación. Mais, no apartado 3 abre a posibilidade de cambiar esa repartición se hai acordo entre Administracións, abrindo a porta a que Augas de Galicia obrigue a pagar o tercio do investimento a uns concellos e a outros non. 

– Contradicións no marco competencial: a suposta adhesión voluntaria dos Concellos á sociedade mercantil transfórmase na disposición adicional: “a sociedade xestionará o servizo relacionado no anexo 1 previa suscrición polos Concellos de accións desa sociedade”, e ademais indica que no caso de que os concellos non seguisen o procedemento previsto para a adhesión poderá procederse á reversión da explotación á entidade local correspondente. Isto implicaría a entrada obrigatoria do Concello na sociedade e o compromiso de asumir un tercio dos investimentos, así como as tarifas das EDAR que son competencia da Xunta, e que de non facelo a Xunta revertiría esa instalación ao Concello.

Competencias autonómicas 

Carme da Silva lembrou que a actual Lei de Augas de Galiza de 2010 establece que a depuración das augas residuais son competencia autonómica, tanto no preámbulo como no artigo 32. Ademais e en virtude desa competencia, a Xunta establece na propia Lei de Augas un canon para todas as obras relacionadas co ciclo da auga e a creación duna taxa, isto é, o coeficiente de vertedura, que funciona como mecanismo para a financiación dos gastos de explotación e investimento nas infraestruturas. 

A concelleira tamén indicou que xa na Lei do 2001 se establecía no artigo 7 que a competencia en depuración de augas residuais era autonómica e que fora daquelas e en virtude desa competencia cando a Xunta comezara a reclamarlle aos concellos as EDAR. Un dos exemplos fora a EDAR de Praceres, que era de xestión municipal e en xullo de 2007 pasou a ser de xestión autonómica. Citou tamén o exemplo da EDAR de Arcade que, ao rematar as obras, pasara a ser xestionada directamente pola Xunta de Galicia

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+