Imprimir

Carmela Silva dedica seu cargo institucional nun 90% ao modelo patriarcal cando as deputacións estan pensadas para xestionar recursos públicos.

Información
Pontevedra | 13 Diciembre 2019 | 3581 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image
Hackeando o patriarcado

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama, inauguraron o workshop "Sociedade dixital e xénero: Hackeando o patriarcado" na Escola de Empresariais da universidade. A xornada enmárcase na Cátedra de Feminismos 4.0 que desde este verán impulsa a institución provincial xunto á universidade para poñer sobre a mesa os problemas da desigualdade entre xéneros e visualizar a figura de grandes referentes feministas.

 

Segundo explicou a presidenta provincial o workshop "analiza con voz de muller científica, investigadora, formada e analítica, o que está a acontecer no mundo dixital, que non é nada alentador". Neste eido, Carmela Silva recordou as descualificacións que sofren as mulleres nas redes sociais e o número, cada vez menor, de mulleres matriculadas en carreiras técnicas. Por estes motivos a presidenta reivindicou a necesidade de "poñer enriba da mesa o que acontece para poder dar respostas que nos permitan hackear o patriarcado. Debemos cambiar o modelo, un modelo que nos impide acadar aquelo que é noso e nos pertence".

Categoría: Pontevedra
Visto: 3581