Información
Pontevedra

Alumnado de Pontevedra pide menos CO2 e máis PO2

Información
07 Febrero 2020 623 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Sen excusas para traballar por un planeta seguro e máis limpo, con máis árbores, máis enerxías renovables, máis composteiros, con menos coches, sen celulosa na ría e no que se substitúan “os gases contaminantes, como o CO2, por gases de vida e esperanza como o PO2, para que o mundo cada día se vaia parecendo un pouquiño máis a Pontevedra”. Estas son algunhas das demandas que alumnado de infantil e primaria de Pontevedra incluíu nun manifesto ao que deu lectura esta mañá no parque das Palmeiras, no marco dunha acción artística dentro da campaña ‘Efecto PO2’. A lectura do manifesto formou parte dun acto ao aire libre co que se abriu a exposición das lonas ecolóxicas nas que os nenos e nenas plasmaron a súa visión de como convertir o planeta nun lugar mellor e loitar contra o cambio climático, e que contou coa participación do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, da concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, e do concelleiro de Educación, Tino Fernández.

 

Fernández Lores agradeceulles todo o esforzo realizado tanto ao alumnado como ao profesorado, asegurando que “é un manifesto que podería asinar eu perfectamente” e salientou que “está moi traballado e estou asombrado do esforzo que fixestes para recoller aspectos que hai que mellorar e das repercusións negativas que ten o cambio climático”. Neste sentido, o alcalde comprometeuse “a seguir traballando na liña que vós puxestes no manifesto” e citou algúns dos puntos recollidos polo alumnado: reducir aínda máis o número de coches que non sexan necesarios, promover que as persoas se movan coa enerxía propia, acondicionar máis sendas, seguir reducindo a contaminación lumínica, implementar novas tecnoloxías para traballar a prol das enerxías limpas, seguir plantando árbores e acondicionar novos parques forestais, reducir a produción de lixo e incrementar a compostaxe, e seguir loitando para que as fábricas contaminantes que están na ría se ubiquen noutros lugares.

O alcalde tamén lles lembrou aos nenos e nenas participantes no acto que “sodes xa o presente deste país e deste planeta pero sodes tamén o futuro, e sodes os que mañá ides tomar decisións para que o planeta sexa cada vez mellor e eu teño moita confianza en vós para acadar un país e un planeta cada vez mellor”. 

Na intervención artística participaron un total de 716 rapaces e rapazas dos centros Álvarez Limeses, Santo André de Xeve, San Martiño, Barcelos, Ponte Sampaio, Cabanas, Campolongo, Carballeira, Vilaverde, San Benito, Verducido, Vidal Portela e Marcón. A acción fora posta en marcha a finais do ano pasado desde a Concellaría de Promoción da Cidade co obxecto de sensibilizar e concienciar sobre a importancia do valor e respecto polo medio ambiente e sobre como axudar ás cidades a potenciar e favorecer modelos urbanos que loiten contra o cambio climático e sexan modelos urbanos saudables, seguros e beneficiosos para as persoas. Así, a reflexión sobre o modelo urbano de Pontevedra e as súas políticas de transformación urbana foron un eixo fundamental nos obradoiros realizados nos centros educativos.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....