Información
Pontevedra

Maica Larriba subliña a resolución do 99% dos ERTES tramitados na provincia

Información
26 Mayo 2020 3698 votos

Oficina de empleo (Paro / INEM / SEPE) BAIONA (PONTEVEDRA)Esta mañá, a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba mantivo unha reunión coa Directora Provincial do SEPE en Pontevedra, Marta Estrada, para avaliar a situación actual das tramitacións correspondentes ás diferentes axudas e prestacións que se puxeron en marcha por parte do Goberno de España por mor da Covid-19.

 

Maica Larriba trasladou aos funcionarios do Servizo Público de Emprego Estatal na provincia “o agradecemento polo seu traballo excepcional desde o mes de marzo, incrementado por sete do habitual pola situación de alarma sanitaria e as consecuentes accións de contención económica para os colectivos afectados polo confinamento urxente durante estes meses”.

Tal como indicou a subdelegada do Goberno, a aposta por dar unha resposta a todos os colectivos ante a crise sanitaria supuxo, proporcionalmente, unha carga maior de traballo imprescindible para evitar que ninguén quedase atrás nesta pandemia, sinalando que “foron ata o día 25 de maio un total de 87.485 traballadores acollidos a un ERTE os que viron recoñecida a súa prestación e por tanto, abonada na súa conta. Ademais outros 18.557 traballadores viron recoñecida a súa prestación contributiva por desemprego, que tamén cobraron, o que supón un 99% de expedientes de ERTES tramitados que foron aprobados”

Larriba quixo analizar os problemas que, a pesar do intenso traballo realizado pola administración estatal, producíronse e que, a día de hoxe, séguense emendando de fronte, especialmente, ás necesidades urxentes dos beneficiarios. “Son consciente que se rexistraron problemas e erros, que xeraron certa intranquilidade nalgunhas persoas porque vían que pasaba o tempo e non recibían a súa prestación. Por iso temos que pedir desculpas aos cidadáns, pero tamén para ser xustos hai que recoñecer o tremendo esforzo que fixeron estes funcionarios”, recoñeceu a subdelegada.

Respecto diso, sinalou que “é necesario realizar certas puntualizacións. Unha delas é que a autoridade laboral, que neste caso depende da Xunta de Galicia, é a que informa da procedencia do ERTE. Por certo, que xa saben que antes do mes de marzo este trámite tiña un prazo de cinco días hábiles e foi modificado para que pasase a dez días, duplicando así o período de presentación do ERTE ao SEPE”. Este cambio nos prazos supuxo unha maior ralentización nas tramitacións. Por iso, o propio Ministerio promoveu iniciativas de colaboración coas entidades bancarias para adiantar os pagos sen necesidade de esperar aos ingresos do 10 de cada mes, tal como realízanse normativamente polo SEPE.

A subdelegada do Goberno engadiu que “a pesar destes atrasos, máis de 100.000 traballadores e traballadoras da provincia de Pontevedra recibiron máis de 101 millóns de euros nos dous últimos meses polas prestacións de desemprego e a especial por ERTES”.

Ademais, quixo lembrar que os máis de 87.000 traballadores acollidos aos expedientes de regulación temporal de emprego non consomen a súa prestación contributiva de desemprego nin tampouco se esixe un período mínimo de cotización. Todo iso para manter as mellores condicións para reiniciar a actividade laboral pero coas garantías sociais imprescindibles para o colectivo de traballadoras e traballadores.

APOIO AOS AUTÓNOMOS E RÉXIME ESPECIAL DO MAR

Durante a reunión tamén se detallaron os datos correspondentes ás axudas especiais por cesamento de actividade para os autónomos e autónomas da nosa provincia.

Este prestación nova en España significou na provincia de Pontevedra que, co único requisito de estar de alta no réxime especial sen límite de tempo, fosen 25.646 autónomos quen recibiu unha prestación non contributiva e non tiveron que pagar as súas cotizacións sociais durante o estado de alarma.

Por outra banda, Maica Larriba tamén quixo destacar os datos provinciais respecto ao réxime especial do mar, aprobándose 276 prestacións vinculadas a ERTES para traballadores por conta allea, elevándose a 635 prestacións a autónomos por cesamento de actividade aprobadas polo Instituto Social da Mariña.

AGRADECEMENTO AO PERSOAL DO SEPE

Durante a visita ás oficinas do Servizo Estatal de Emprego en Pontevedra, Maica Larriba compartiu coa súa directora rexional, Marta Estrada, “o agradecemento pola dedicación que estes traballadores e traballadoras demostraron co servizo público. A súa única meta foi que todos os traballadores e traballadoras da provincia tivesen o máis rápido posible a súa prestación”.

Por iso quixo destacar que “a pesar de rexistrarse problemas e erros, desde o mal cumprimento dos datos por xestorías e empresas a problemas de índole informático do propio SEPE, fóronse solucionando pola entrega destes funcionarios e funcionarias, tanto desde o teletraballo diario como con xornadas maratonianas, co único fin de que todo o mundo recibise a súa prestación”. Hai que lembrar que na actualidade o servizo de atención á cidadanía realízase a nivel telefónico prestando o mesmo servizo que de maneira presencial que polo momento non esta dispoñible.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago