Información
Pontevedra

Pontón e Lores demandan un cambio no modelo de financiamento local que fai perder a Pontevedra 3,4M€

Información
06 Abril 2016 4481 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ana Pontón con Férnadez Lores tras a primeira visita institucional a Pontevedra

Ana Pontón con Férnadez Lores tras a primeira visita institucional a PontevedraPrimeira visita institucional de Ana Pontón como portavoz nacional ao Concello de Pontevedra, que a deputada aproveitou para poñer en valor o modelo de cidade desenvolvida polo goberno nacionalista que lidera Miguel Anxo Fernández Lores, “unha referencia nítida no Estado, pero tamén a nivel internacional polo que supón de cambio transformador”.

Pontón subliñou que Pontevedra é un exemplo “inequívoco” e un “orgullo” do que o BNG é capaz de facer desde as institucións con políticas transformadoras en beneficio das persoas.

“Para o Bloque é un orgullo este concello, modelo de capacidade de transformación, de capacidade para poñer as institucións ao servizo do pobo e de defensa inquebrantable duns principios políticos”, salientou. “Unha referencia para nós e temos moito que recoller desta experiencia municipal, peza clave á hora de explicar o que ten aportado o nacionalismo a este país, para min como portavoz nacional do BNG é un orgullo que a transformación desta cidade se fixara desde un proxecto de país”.

No encontro con rexedor e co grupo de goberno, no que tamén participou a deputada por Pontevedra, Montse Prado, abordouse o actual modelo de financiamento local que Pontón e Lores coincidiron en tachar de “discriminatorio” para os concellos galegos e que, só en 2016, fai perder a Pontevedra 3,4 millóns de euros.

Neste sentido, o Bloque considera necesario “superar o marco de discriminación” que se produce no Estado a respecto de Galiza, que en termos de financiamento local supón que cada galego e galega recibe 50 euros menos que a media estatal dos recursos que chegan da Participación nos ingresos do Estado (PIE), -40,85 no caso concreto de Pontevedra-.

Ana Pontón reunída con grupo de goberno de Pontevedra que lidera Fernández Lores

Ana Pontón reunída con grupo de goberno de Pontevedra que lidera Fernández Lores

“Non entendemos como se explica que un veciño ou veciña reciba 50 euros menos polo mero feito de vivir aquí”, denuncia Pontón. A discriminación é aínda máis evidente no caso das cidades, xa que un grupo de sete urbes con máis de 500.000 habitantes acapara un 33% dos 11.341 millóns de euros que o Estado distribúe aos municipios en 2016, pese a sumar o 18% da poboación.

Dobre discriminación Galiza ten o 6,24% da poboación, pero os concellos galegos reciben 5,05% dos fondos do estado. Esta discriminación no financiamento “é dobre”, denuncia Pontón, posto que supón recibir menos recursos ca media nun territorio onde a prestación de servizos é máis custosa por causas como a dispersión xeográfica e o envellecemento da poboación.

Preocupar a Feijóo e aos gobernos das cidades “É unha cuestión suficientemente importante para que preocupara e ocupara a quen goberna, tanto ao señor Feijóo como aos máximos responsables políticos das cidades galegas”, indicou a portavoz do Bloque. “É importante mudar este financiamento que discrimina ás persoas deste país e urxe cambiar a situación de privilexio das grandes cidades do Estado”, recalcou.

A pesar deste marco de financiamento local, Pontón valorizou a “intelixencia” dun concello como Pontevedra “para facer unha gran xestión dos recursos públicos e con capacidade de xerar actividade e conseguir ingresos por outras vías”

Os concellos nacionalistas, avanzou, teñen prevista “unha ofensiva” no seo da Fegamp. O BNG tamén buscará o consenso no Parlamento para mudar o modelo de financiamento local, aínda que para superar este marco discriminatorio non chega cun acordo na Cámara galega senón que se dea tamén a nivel estatal.

“Estamos cansas de ver como se adoptan decisións na que os partidos de ámbito estatal teñen un posición en Galiza e xusto a contraria en Madrid. Se se asume unha posición política en defensa dos intereses da cidadanía deste país hai que mantela tamén no Estado”, concluíu.

Excelente candidata

A portavoz nacional non se pronunciou a respecto da súa intención de postularse como candidata do BNG á Xunta, á espera de que se abra o proceso de elección desde a militancia. Si o fixo o alcalde pontevedrés que considera que Pontón sería “unha excelente candidata, aínda que depende dela e do conxunto da organización” porque o Bloque “é unha forza democrática”, salientou.


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

LOS PRESUPUESTOS GENERALES DEBEN INCREMENTARSE AL MENOS EN UN 50% PARA COMBATIR EL DEFICIT HUMANITARIO QUE SE AVECINA E IMBUÍRNOS..

Sin duda hay muchas formas de pasar la semana santa. Pero si entre tus planes no está acudir a las procesiones, ir de viaje..

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+