Información
Pontevedra

Gran vitoria de Sabela Delgado e Enrique Morán na proba BTT do "DepoDesafío 2018" en Cerdedo-Cotobade

Información
17 Septiembre 2018 1389 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Podio do DepoDesafio BTT

Cerdedo-Cotobade acolleu este domingo a cuarta e penúltima proba do "DepoDesafío 2018", na carreira de ciclismo BTT de 35 quilómetros na que Sabela Delgado e Enrique Morán cruzaron a meta en primeiro lugar. Preto dun centenar de deportistas gozaron do percorrido preparado para esta nova proba da competición organizada pola Deputación de Pontevedra.

 

A gañadora da carreira foi Sabela Delgado, que completou os 35 quilómetros en 2 horas, 7 minutos e 36 segundos, case 15 minutos máis rápido que a segunda clasificada, Ariana González. En categoría masculina o dominador foi Enrique Morán, cun tempo de 1 hora, 19 minutos e 51 segundos, tan só 25 segundos máis rápido que Brais Misa. En terceiro lugar chegou á meta Aroon Mallo, a 7 minutos e 40 segundos do gañador da proba.

Tras esta proba BTT celebrada en Cerdedo-Cotobade, sumadas as probas entre Tomiño e A Guarda, a travesía a nado no Grove e á trail de montaña na Cañiza, Ariana González e  Brais Misa son os que lideran a clasificación xeral do "DepoDesafío 2018". En categoría feminina Ariana González, co segundo posto conseguido en Cerdedo-Cotobade adianta a Mónica Mezquita, que agora está a 55 puntos do liderado. Pola súa banda, en categoría masculina, Brais Misa segue liderando a clasificación xeral e mesmo ampliou a vantaxe sobre Ricardo Rey, que tamén está a 55 puntos do primeiro posto.

Coa próxima e última proba, o tríatlon de Vigo que se celebrará o domingo 7 de outubro, pecharase o "DepoDesafío 2018" e coñeceremos ao vencedor e á vencedora final da competición da Deputación de Pontevedra. A muller e o home cun maior número de puntos recibirán un trofeo e un dorsal personalizado e intransferible para o maratón de Berlín, voo e aloxamento para el/ela e acompañantes. Así, a gañadora e o gañador da clasificación xeral poderán participar na maratón máis rápida do mundo, carreira na que o pasado domingo o keniano Eliud Kipchoge bateu o récord do mundo cun tempo de 2 horas 1 minuto e 39 segundos.

As persoas interesadas en participar no tríatlon de Vigo e que non estean anotadas ao "DepoDesafío 2018" aínda poden realizar a inscrición na web da Deputación de Pontevedra. O prazo estará aberto ata o vindeiro 2 de outubro e ten un custe de 15 euros.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....