Información
Pontevedra

Unha delegación da AECT Río Miño viaxa a Bruxelas para presentar a nova agrupación territorial e "facer turismo institucional".

Información
08 Noviembre 2018 474 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Unha delegación da AECT Río Miño, encabezada polo seu director e deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, viaxará mañá a Bruxelas para dar a coñecer a nova agrupación territorial ante a Comisión Europea. Benítez estará acompañado polo vicepresidente da AECT Río Miño, o portugués Fernando Brito Nogueira, pola vogal e deputada de emprego da Deputación de Pontevedra, Montse Magallanes, representantes de diferentes concellos como Tomiño, A Guarda e Melgaço e o secretariado técnico da entidade. Durante a viaxe, a delegación da AECT reunirase con diferentes direccións xerais da Comisión Europea e visitará o Parlamento Europeo.

Segundo avanzou Uxío Benítez, o obxectivo desta visita é presentar a nova AECT Río Miño ante as institucións europeas, así como os proxectos nos que a agrupación está envolta e os seus plans de futuro. Entre as actividades da entidade destacan a súa participación nos proxectos de cooperación transfronteiriza Smart Miño e Visit Rio Minho, ambos co-financiados por fondos FEDER.

En concreto presentarase a Estratexia Río Miño 2030, un documento realizado ao longo dos últimos meses, baixo a coordinación da AECT Río Miño e elaborado a través de consultas á cidadanía, organización de mesas sectoriais, a implicación das entidades públicas e o asesoramento dun comité científico. O resultado deste traballo, que se presentará no II Fórum do Río Miño Transfronteirizo, é un estudo en profundidade do territorio, o primeiro destas características que se fai nesta área xeográfica, e que será fundamental acadar novos fondos europeos de cooperación durante a próxima década. 

Tamén se presentará en Bruxelas o proxecto de creación dun anel verde de sendeiros galego – portugueses en torno ao Río Miño Transfronteirizo. Dentro do anel verde están previstas importantes actuacións como a creación do 1º Parque transfronteirizo de ocio de Europa, situado entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira, e a realización dun concurso internacional de ideas para a construción dunha ponte internacional para o tránsito de persoas e bicicletas, que comunicará as marxes galega e portuguesa do parque e dará continuidade aos sendeiros do anel verde. 

Otros articulos relacionados.....
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)