Información
Pontevedra

40.000 euros públicos regalados a Gestora da festa da Arribada de Baiona

Información
12 Febrero 2019 1455 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Xunta de Goberno

O Goberno de Carmela Silva vén de aprobar novos investimentos para Baiona ao abeiro da liña 2 (actividades, gastos correntes e amortización de débedas) do Plan Concellos. En total nesta última Xunta de Goberno aprobáronse máis de 814.000 € para 14 concellos, dos cales Baiona recibiu un total superior aos 78.000 €.  Asociaciones sociales de Baiona CERO EUROS

 

O investimento máis destacado entre os recibidos por Baiona ten por obxecto o financiamento dunha cita ineludible na vida cultural e turística da vila: a Festa da Arribada 2019, un total de 40.000 € cos que a Deputación "volve amosar a importancia desta institución para que os concellos poidan levar a cabo actividades que as sitúan no mapa", asegurou a presidenta provincial, Carmela Silva, "como é o caso da Arribada que é ademais unha das Festas de Interese Turístico Internacional máis potentes da provincia de Pontevedra".

Carmela Silva puxo en valor que "a importancia da Festa da Arribada, que acadou este recoñecemento a finais de 2015, radica non só nos seus retornos económicos senón na súa capacidade para tender pontes entre distintas culturas. Estas pontes impulsan que entre todas e todos creemos un mundo no que convivan a integración, o respecto ás diferenzas e a multiculturalidade". Ademais, a presidenta provincial lembrou que as Festas de Interese Turístico Nacional e Internacional, como é o caso da Arribada, "foron e seguen a ser obxecto de numerosas campañas de promoción desta Deputación nos últimos preto de 4 anos, chegando a ser un dos eixos que sustentaron a campaña de 2018 ‘Somos Historias' a través do patrimonio inmaterial, e onde a Arribada tivo unha visibilidade indiscutible".

O Goberno aprobou outros dous investimentos para Baiona: 10.174,83 € para o Mercado Antigo de Sabaris e 28.000 € para financiar a Cabalgata de Reis, ambos os dous na liña 2. Grazas a esta liña do Plan Concellos, que ten este ano un orzamento de 3,9 millóns de euros, os concellos da provincia poden facer fronte a gastos correntes, de amortización de débedas e tamén derivados da organización de actividades culturais, de formación ou turísticas.

Este ano 2019 a Deputación de Pontevedra pon á disposición de Baiona case un millón de euros, 951.515,33 euros, un 3,23 % máis que no exercicio anterior.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+