Información
Pontevedra

Estudantes de xeografía da Universidade de Santiago visitan a sede do AECT Río Miño en Valença

Información
31 Marzo 2019 1096 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Estudantes de xeografía da Universidade de Santiago visitan a sede do AECT Río Miño en Valença

Un grupo de estudantes de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela visitou esta mañá a sede do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Rio Minho) no municipio de Valença .

 

O secretariado técnico do AECT, composto por Lois Pérez Castrillo e Antonio Torres, foi o encargado de guiar aos estudantes durante a visita así como explicarlles o funcionamento deste instrumento de cooperación transfronteiriza. Así mesmo, detallóuselles as principais liñas de acción da Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030.

AECT Rio Miño

O AECT Rio Minho é un instrumento de cooperación, con personalidade xurídica propia, integrada pola Deputación de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho. Constituíuse en Valença o 24 de febreiro de 2018 no marco do proxecto Smart Minho, para superar as dificultades atopadas na implementación de proxectos no territorio transfronteirizo.

O obxectivo prioritario O AECT Rio Minho é  lograr a máxima cohesión económica e social da rexión transfronteiriza do val do Río Miño a través da posta en marcha de programas, proxectos e accións comúns entre os territorios galego e portugués con iniciativas como: a valorización e promoción dos recursos do territorio, a promoción do patrimonio cultural e natural común, a captación de financiamento europeo e estatal para as diferentes iniciativas de emprendemento, a creación e consolidación dunha marca turística "Río Miño" como elemento de identificación do territorio e impulsar servizos e equipamentos compartidos entre os municipios de ambas as beiras do Miño.

O Val transfronteirizo do Miño está situado no eixo Vigo-Porto e abrangue 26 concellos con unha poboación de 376.000 habitantes e unha extensión de 3.312 quilómetros cadrados, sendo a fronteira ibérica máis poboada e transitada. Esta área concentra o 47 % do tránsito medio de vehículos entre ambos os estados.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+