Subvención igualdade concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de subvencións dirixidas aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para este ano 2019. Trátase da cuarta convocatoria desta liña de axudas a través da cal a institución provincial achegará 220.000 euros a 43 concellos da provincia.

Información
Pontevedra

Anteproxecto de reforma do nó do porto de Marín

Información
17 Septiembre 2019 693 votos
  • O obxectivo é conectar, no futuro, o paseo peonil con Marín
  • O alcalde considera que a ampliación do paseo ata o Cabo debe incorporar un carril bici na pasarela pilotada 

Na presentación do proxecto de ampliación do paseo peonil entre a cidade e o Cabo, Miguel Anxo Fernández Lores, confirmou que o Concello de Pontevedra presentará un anteproxecto para reformular a contorna do nó do porto de Marín. “O nó do porto é unha obra moi pensada para o tráfico a motor e para conectalo hai que facer algunha actuación aí, e estamos niso” asegurou o alcalde. Así, o Concello de Pontevedra presentará o mencionado anteproxecto ante Fomento para que a demarcación de estradas se encargue de elaborar o proxecto da actuación, co obxectivo último de que, nun futuro, se poida conectar o paseo peonil con Marín. 

Na presentación pública do proxecto participaron, entre outras autoridades, o delegado do Goberno, Javier Losada, xunto coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Tras a confirmación de que a previsión é que as obras deste tramo de ampliación comecen o vindeiro ano e da explicación detallada do proxecto, Fernández Lores asegurou que aínda que “quedan temas pendentes”, valora positivamente que haxa “unha boa actitude para estudalos”. Como mostra dunha das cuestións a solucionar citou a  “posibilidade de facer carril bici co paseo e continualo ata Marín”. O alcalde explicou que a posibilidade do carril bici si se incorporará no propio paseo “ata pasado o nó que hai coa autovía de Marín” e que lle gustaría que  “se continuase”, en referencia á necesidade de ampliar a largura da pasarela pilotada para dar cabida ao carril bici.

11.09.2019.- As vías verdes son sendas peonís e de uso cicloturista que se crean aproveitando vellos trazados de ferrocarril en desuso. A Vía Verde do Salnés terá una lonxitude de 9,195 quilómetros e discorrerá polos municpios de Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e Portas. Nestes momentos estanse execitando as obras financiadas pola Deputación (200.000 euros) e os tres Concellos (Portas 18.392,35 euros, Caldas de Reis 53.675,11 e Vilagarcía de Arousa 84.119,41 euros). Falta por asinar o compromiso dado no seu día pola Conselklería de Medio Am,biente de que aportaría 200.000 euros máis para rehabilitar a ponte de ferro sobre o río Umia.

A Vía Verde do Salnés parte de Abelle (Rubiáns), pasa por Caldas e remata na estación de Portas, nas inmediacións da vella azucareira. Ao longo do seu percorrido destacan varios lugares e puntos de interese, como o Pazo de Rubiáns, o antigo apeadeiro de Ande, a ponte metálica sobre o Umia (que se recuperan con estre proxecto) ou a Azucareira de Portas; ademais do atractivo etnográfico e natural co que conta, con exemplos da arquitectura popular típica do rural galego, os minifundios ou o bosque autóctono. Para gozar destes atractivos o proxecto prevé a creación de 3 áreas de descanso e 2 miradoiros. Nestes momentos, Tragsa acomete as obras incluídas no convenio entre a Deputación e os concellos.

Información
Pontevedra

O Parque de Bombeiros de Pontevedra vivirá os vindeiros seis anos unha transformación radical

Información
14 Septiembre 2019 1060 votos

A concelleira Eva Vilaverde explicou que “é unha inxección económica importante  para mellorar a calidade na prestación do servizo adaptado ás necesidades priorizadas polos propios profesionais”.

  • Será unha inversión plurianual para adaptar os espazos a un cadro de persoal de 40 traballadores, novos equipamentos de seguridade e novos vehículos para atender ao rural.

Tal e como subliña o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, o socialista Iván Puentes, as actuacións deseñadas nesta contorna “abranguerán, no seu conxunto, unha amplísima superficie, de máis de vinte mil metros cadrados, practicamente o equivalente a tres campos de fútbol”.

Compromiso liñas de transporte

O director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez vén de manter unha reunión con representantes dos gobernos galego e portugués dentro da convocatoria de encontros impulsada pola iniciativa europea B-Solutions, que ten por obxectivo superar os atrancos legais e administrativos que afectan á mobilidade entre os dous países, na que tamén estivo presente a experta xurídica asignada pola Comisión Europea, María Gamayo.

  • O concelleiro de Deportes, Tino Fernández, anuncia un aumento da oferta en 700 prazas. As axudas pasarán de 60 a 82 € por neno
  • As EDM abrirán o vindeiro luns o prazo de preinscrición cunha oferta de 2.500 prazas para unha vintena de disciplinas deportivas

As Escolas Deportivas Municipais (EDM) abrirán o luns o prazo de preinscrición para o período 2019-20 cunha oferta máxima de 2.500 prazas, o que supón un incremento dunhas 700 prazas con respecto ás 1.800 que a Concellería de Deportes ofertara para 2018-19. Segundo anunciou o socialista Tino Fernández, o departamento que dirixe incrementará en 108.000 euros a achega destinada a subvencionar as EDM, pasando dos 142.000 euros de 2018-19 a 250.000, o que se traducirá nun aumento das axudas en 22 euros por rapaz inscrito (de 60 a 82 euros por neno).  

Mindtech

Dende hoxe e ata o próximo xoves a Deputación de Pontevedra ten un papel protagonista en Mindtech, a primeira edición da Metal Industry and Technologies International Trade Fair, promovida por ASIME (Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia) no IFEVI de Vigo.

O deputado provincial Carlos López Font achegouse no mediodía deste martes 10 de setembro a Vilagarcía de Arousa para visitar dúas das obras financiadas pola Deputación de Pontevedra ao través do Plan Concellos. Por unha banda, Font, xunto a Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía de Arousa, e o tamén deputado provincial, Manuel González, supervisou as obras de reparación do campo de fútbol de Vilaxoán, que estará listo nunhas semanas, e por outro lado, tamén visitou as novas varandas de protección que xa foron instaladas no entorno de Vista Alegre.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+