Información
Portada

Javier Krahe xa ten a súa propia escultura na cidade, á que Lugo lle deu a benvida cunha actuación musical

Información
06 Mayo 2019 785 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Javier Krahe xa ten a súa propia escultura na cidade, á que Lugo lle deu a benvida cunha actuación musical

O músico Javier Krahe ten dende hoxe a súa propia escultura en Lugo, concretamente na zona verde da rúa Paxariños, realizada polo artista lucense de gran recoñecemento dentro e fóra de Galicia, Juan José López Martínez, coñecido como Juan Lomarti.

 

Para darlle a benvida, o grupo Los Huerfános de Krahe ofreceron un concerto este mediodía, unha actuación moi animada á que asistiu unha trintena de persoas, entre as que se atopaba a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e as concelleiras de Cultura e Benestar Social, Carmen Basadre e Ana Abelleira, respectivamente, ademais doutros membros da Corporación Municipal.

Con este novo elemento escultórico, instalado polo Concello e a Deputación cun importe de 33.880 euros, dentro do Plan Único, Lugo continúa humanizando os seus espazos públicos.

A colocación da escultura tratarase na celebración dunha Comisión do Consello Municipal de Cultura, a suxerencia do Club Cultural Clavicémbalo, avalada por 1.056 sinaturas.

As características deste busto son as seguintes: unha altura total de 200 centímetros e unha base de 84x108x40, realizada en granito galego pardo de gran dureza, con zonas de corte natural, outras abuxaradas e parte do corpo, mans e cara máis pulidas e coa inscrición Krahe en Lugo.

Otros articulos relacionados.....