Información
Portada

Feijóo non so esquece aos galegos da Galiza, tamen a todos os que reclaman espazos, dereitos e facilidades para os novos gallegofalantes do Bierzo e do resto do mundo.

Información
17 Mayo 2019 2010 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Día das Letras Galegas se reivindica a lingua e a cultura galega. O Goberno de Feijóo a través da súa Secretaria de Medios, Mar Sánchez Sierra "atenta contra os signos da identidade galega con un dominio do CONSELLO ASESOR DE TELECOMUNICACIÓNS E AUDIOVISUAL DE GALICIA en castelan despreciando a identidade dos dominios punto gal. Ver http://cata.xunta.es non existe o dominio www.cata.xunta.gal despreciado polo Goberno de Feijoo (PPdeG) que identifica a aos galegos e galegas.....

Mar Sánchez Sierra foi empregada de La Voz de Galicia, desde seu cargo público solo en el 2018 adxudícalle a dedo mais de1.200.000 euros da Xunta Secretaría de Medios que ela mesma xestiona. ver; http://www.extradigital.es/el-grupo-voz-recibio-en-2018-mas-de-1-200-000-euros-de-la-xunta/  que mais do 90% do seu contido e en castelan e de claras afinades ao PPdeGalicia, negándose a publicar comunicados que denuncien as felonías de Feijóo como é o noso mesmo caso. Isto é o que pode pasarche si denuncias a corruptos e eles decátanse..+ 

Este día 17 celébrase o Día das Letras Galegas e os colectivos de galego falante de todo o mundo  reclaman, de novo, un recoñecemento para este idioma con importante presenza nos territorios comarcales e colonias dos galegos/as abandoados polo goberno do PPdeG.

A obra e Fundación de Camilo José Cela, retirada a Marina Castaño, foi "entregada literalmente por Feijoo a súa asesora persoal e Secretaria de Medios María del Mar Sánchez Sierra onde a nombrou PATRONA " dende súa entrada a vida e obra de Cela "vive e sobrevive na mais profunda oscuridade, censura, anonimato e ocultación " sen renunciar aos cartos públicos. A última actualización da sua "personal Ley de Transparencia" (captura realizada este 17 de Mayo Día das LETRAS GALEGAS.+ ) publicada na web data do ano 2014 a partir de aí, ninguen coñece nada que salga ou poida sair do despacho de Feijoo e súa asesora, os galegos e galegas nada saben do seu patrimonio galego en mans persoales de altos cargos do PPdeG nombrados a dedo... 

 O representante do Bierzo na Real Academia Galega, demandaba, a través dun manifesto, facilidades para que novos falantes incorpórense ás conversacións dos máis vellos e facer posible que novos ou vellos autores que hoxe usan o castelán, escriban en galego, reivindique no Bierzo de hoxe e ante a Galicia do século XXI, que algo teñen que dicir e enriquecer a xa de seu rica diversidad cultural do noso estado.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (El Grupo Voz recibió en 2018 más de 1.200.000 euros de la Xunta.pdf)El Grupo Voz recibió en 2018 más de 1.200.000 euros de la Xunta.pdf 778 kB

Apuntaba Silveiro que existen demasiadas malas caras ante a separada pluralidade e tan cuestionada diferenza e reclama o esforzo de todos, para evitar afogar a riqueza coa que chegamos ao século XXI nun absurdo e castrante uniformismo.

O Día das Letras Galegas estivo adicado a María Vitoria Moreno, falecida no ano 2005, nacida en Estremadura e que no entanto foi profesora e autora de obra infantil e xuvenil en lingua galega.

O académico berciano aplaude a elección do recoñecemento a esta autora polo que supón un recoñecemento ás mulleres escritoras e tamén por tratarse dunha neofalante, unha autora que aínda nada fose de Galicia foi unha apaixonada, practicante e defensora da cultura e a lingua galegas.

Neste aspecto, Héctor Silveiro apunta que os bercianos coñecemos e sabemos dos problemas do galego no día a día, por iso resalta a importancia de resaltar o papel dos novos hablantes, un reto pendente de levar a cabo que nos propoñemos tanto galegos como bercianos de face ao ano 2019.

Exposición e conferencia na Escola de Idiomas

[Manifiesto completo en gallego] http://www.blogoteca.com/omegodaescola/index.php?cod=150215

O Bierzo precisa unha anagnórese lingüística e cultural.

María Victoria Moreno convértese nunha gran metáfora de futuro para os neofalantes do galego no Bierzo porque a quen se lle oculta a estas alturas que o Bierzo galego falante aínda segue agochado e que, como se dun personaxe dunha gran obra dramática se tratase, precisa unha anagnósese para poder evitar un desenlace fatal que conclúa coa morte do idioma máis aló do Cebreiro nestes lindeiros da galeguidade? Mª Victoria Moreno, cuxa novela máis coñecida leva o título deAnagnórese, propicia un bon argumento para, dende a comarca onde naceu Sarmiento, reflexionar e, á vez, festexar a iniciativa da Academia Galega de homenaxeala este ano coa celebración do Día das Letras Galegas.

A ese proceso de descuberta da propia identidade (iso é o que vén sendo a anagnórese) a través da lingua veñen sumándose, seguindo o exemplo do noso sabio e erudito bieito, outros bercianos que sendo nativos de terras alleas, reclamaron como propio o país que Enrique Gil cantaba en castelán. Sen ir máis lonxe, Antonio Fernández Morales, natural de Astorga, descubriuse berciano ao mesmo tempo que escribía milleiros de versos no dialecto, que como el deixou dito é un subdialecto do galego e legou así para galegos e bercianos un fermoso monumento literario e cultural elaboradocoas palabras máis enxebres da nosa comarcade entroidos a vendimas e magostos entre osos, barburetas, cochorros e escambrois, megos e botelos. Temos pois que agradecer e aplaudir a Real Academia Galega a valentía por escoller a unha estremeña para honrala no Día das Letras Galegas do 2018, porque, en primeiro lugar, é unha muller e tan só foron catro, con Mª Victoria, as mulleres que tiveron o seu Día das Letras (Rosalíade Castro no 1963, FranciscaHerrera no 1987 e María Mariño no 2007). Había máis de dez anos que ningunha muller fora considerada digna de tal celebración e xa era hora. Mais tamén debemos celebrar moi efusivamente que se recoñeza en Mª Victoria Moreno o valor dunha neofalante á hora de participar activamente naconstrución dunha cultura. Ambas son leccións importantes nos nosos días, porque as mulleres seguen estando minorizadas ( só un exemplo que vén a conto,de cada 100 nomes que se citan nas aulas 93 son de homes, só 7 son de mulleres) e porque os neofalantes deben, en tempos de minorización, ser unha ferramenta esencial no proceso de consolidación e normalización da lingua. Para o Bierzo, para os bercianos que coñecemos e sabemos dos problemas do galego no día a día na nosa bisbarra, resultan aínda máis evidentes estes dous aspectos, porque no Bierzo sufrimos a problemática da lingua e do seu futuro con maior amargura e precariedade que os galegos da Galicia administrativa, esa que hoxe celebra protocolariamente esta gran data.

No Bierzo precisamos con urxencia dun recoñecemento semellante a unha anagnórese para un autor que non sendo de orixe galega poidaservir de metáfora e ferramenta para incorporar no presente a máis neofalantes ao proceso de recuperar o galego nestas terras de extramuros,tan ocultas para tantos e tantos galegos. A descuberta da verdadeira personalidade do Bierzo precisa dun Día das Letras no que a procura da identidade invite a falar galegoe reclamar dereitos lingüísticos aos seus habitantes.Dar pé a que máis cedo que tarde novos falantes se incorporen ás conversas dos máis vellos, facer posible que novos ou vellos autores que hoxe usan castelán, escriban en galego, reivindiquen no Bierzo de hoxe e ante a Galicia do século XXI que algo teñen que dicir e enriquecer a xa de por si rica diversidade cultural do noso Estado no que existen demasiadasmalas caras ante a tan deturpada pluralidade e a tan cuestionada diferenza. Debemos facer unha aposta pola capacidade de entender que o Estado no que vivimos ben pode ser outro, negándonos a afogar a riqueza coa que chegamos ao século XXI nun absurdo e castranteuniformismo. Sonmuitas as persoasamigas do progreso que aínda poden e deben transitar nese camiño (oucamín) do acervo diverso e fecundo para realizaren a súa propia anagnórese. Esa é a descuberta pendente de levar a cabo que propoñemos tanto a galegos como a bercianos de cara ao 2019.

A modo de epílogo non quixeramos concluír esta nota sen lembrar que Mª Victoria Moreno naceu na mesma Estremadura na que hoxe aínda falan galego non mui lonxe de Valencia de Alcántara, no Val do Ellas, varios milleiros de estremeños/as que luitan como os bercianos por que a Fala, a súa variante do galego, sexa recoñecida e posta en valor. Precisamente Mª Victoria Moreno mantivo co galego unha relación de amor, recomendamos sinceramente a súa lectura co mesmo agarimo que ela mesma sempre manifestou pola nosa lingua.

Héctor M. Silveiro Fernández, académico correspondente polo Bierzo da Real Academia Galega.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+