Andrés Prieto, Campión Nacional Escolar de Tríatlon con Galicia

Información
Portada | 08 Julio 2019 | 3167 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

AndresPrietoCampionNacionalEscolardeTriatlonconGaliciaEsta fin de semana a localidade madrileña de Tres Cantos acollía o Campionato de España de Tríatlon en Idade Escolar por Comunidades Autónomas no que tomaba parte como membro da Selección Galega o noso deportista Andrés Prieto Villar (2003). Onte na proba individual masculina Andrés era 8º cun tempo de 35 minutos e 42 segundos e puntuaba para o combinado autonómico como o terceiro galego en meta; tras Esteban Basanta que remataba 4º en 35 minutos e 28 segundos e Alexandre Álvarez que chegaba 7º en 35 minutos e 40 segundos, postos que lles valerían ademais para ser primeiros por equipos. Pero todo ía decidirse hoxe coa proba de substitucións mixtas nos que a Selección Galega participaba con dous equipos. O Equipo A formárono Elsa Pena, Carla Guisande, Esteban Basanta e Alexandre Álvarez que acababan a proba como 2º da xeral; mentres que Andrés formaba parte do Equipo B xunto a Nerea García, Natalia Castro e Alejandro Rodríguez cos que acadou a 4ª praza. Galicia sumaba así 55 puntos e impoñíase por tan só 1 a Cataluña que ocupaba a segunda praza con 54 puntos. 


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600