Información
Portada

Ana Pontón a Feixóo: “O infantilismo de adiantar o debate da nación non vai esconder o seu fracaso en Galiza”

Información
16 Septiembre 2019 833 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A portavoz nacional do BNG , Ana Pontón, restou importancia ao feito de que o PP decida adiantar a data do debate de política xeral da nación galega previsto para outubro, por considerar que non vai cambiar a xa habitual estratexia do xefe do Executivo: evitar falar dos problemas de Galiza e tapar a súa falta de alternativas para solucionalos.

 

“O adianto é un xesto de infantilismo que deixa espido ao propio presidente do PP pois tenta esconder o seu balanzo detrás dunha posible nova convocatoria de eleccións consciente do fracaso da súa xestión. É unha mostra das súas propias debilidades”, salientou a líder nacionalista, “e este intento de colocar o debate de Galiza debaixo do que pasa no Estado indica que non ten a cabeza aquí, que  non superou o trauma de non poder dar o salto a Madrid”, ironizou.

E de aí os intentos de Feixóo por “facerse notar”, argumenta: “pola mañá vémolo botando pestes contra Pedro Sánchez e pola tarde vémolo como fai de tonto útil do PSOE propoñendo unha gran coalición que, ademais, cae en saco roto e evidencia  que non lle fan ningún caso no PP, que está fora de xogo”, subliñou.

Argucias infantís e tamén a mentira como recursos para tapar o seu fracaso, como no caso da construción das sete residencias da terceira idade. “Mentiulle os e as galegas cando dixo que ía construílas en 2017, en 2018 e no último debate do estado da nación anunciando que estarían licitadas no primeiro trimestre de 2019”, denunciou Pontón. A día de hoxe, todo o que hai é un protocolo que recolle que será unha empresa privada a encargada de executalas.

“O protocolo é a constatación de que mentiu e que as residencias quedan en mans do mecenazgo dun empresario que, todo hai que dicilo, se beneficia dun sistema fiscal que permite que as grandes fortunas tributen ao 5% mentres os e as traballadoras tributan en moitos casos ao 20%”, argumenta a líder do Bloque.

Pontón avanzou que o BNG vai poñer todo o seu empeño en que no debate de política xeral se fale dos problemas dos e das galegas, para demostrar que outra Galiza é posible “porque este país non precisa máis submisión senón máis Galiza e menos Madrid, un cambio desde a nosa realidade que nos permita acabar con esa dependencia”.

A única forza coas mans libres

En relación á eventual repetición electoral, a portavoz nacionalista salientou que o Bloque “está preparado para saír a por todas e acabar co indignante ninguneo dos nosos intereses porque a insignificancia política á que as forzas estatais levan a Galiza pon en risco cuestións clave como o futuro da industria electrointensiva, acabar coa estafa da AP9, conseguir un financiamento xusto ou poñer solución a problemas ambientais como o saneamento integral das rías”, indicou a modo de exemplo.

Tras o “papelón bochornoso” dos e das deputadas galegas nos últimos meses, alegou, “quedou claro que só o BNG pode darlle voz a Galiza por ser a única forza política sen ataduras. “Son cómplices do menosprezo e da discriminación, pídenlles os votos a  xente deste país pero despois esquécense dela. Hai demasiado en xogo como para deixar pasar esta nova oportunidade”, indicou, se finalmente hai que volver ás urnas polo “enroque” PSOE-Podemos.

“Déronse moitos golpes de peito, pero que ten demostrado máis sentido de Estado foron precisamente as forzas nacionalistas frontes ao oportunismo político das forzas estatais”, concluíu.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+