O curso universitario 19/20 rematará sen clases presenciais

Información
Portada | 08 Abril 2020 | 5039 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Universidades galegas e Xunta tomaron a decisión este luns. Foto: Santi AlviteUniversidades galegas e Xunta tomaron a decisión este luns. Foto: Santi Alvite

Os tres reitores das universidades galegas manterán un novo encontro a fins de abril no que definirán un sistema de avaliación flexible e adaptado ás circunstancias "tan especiais deste cuadrimestre"

 

A suspensión das clases preseciais nas tres universidades galegas, adoptada a petición dos tres reitores logo dunha xuntanza telemática coa Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional, traerá consigo medidas flexibles que permitirán o deseño dun sistema de avaliación adaptado ás circunstancias "tan especiais deste cuadrimestre", tal e como afirmou o reitor da USC, Antonio López. Neste senso, a institución compostelá, xunto con UDC, UVigo e Xunta de Galicia, manterán un novo encontro a fins de abril no que definirán o calendario de exames, a modalidade dos mesmos e os métodos avaliadores.

"Responsabilidade, coordinación e prudencia son tres dos piares sobre os que o equipo de goberno da USC que dirixo está a fundamentar as decisións", explicou este luns o reitor a través dun correo electrónico dirixido ao conxunto da comunidade universitaria. En liña con estas premisas, "dende as vicerreitorías con competencias no ámbito tense establecido comunicación con centros e departamentos para que, de maneira coordinada, esta se desenvolva de xeito flexible", continuou López. A docencia non presencial debe ser, neste senso, "o máis adaptada posible á circunstancia excepcional que atravesamos, ás condicións diversas de acceso á rede e de equipos de conexión do alumnado e profesorado", apuntou.

Decisións prudentes

O reitor quixo subliñar que "aínda que somos moi conscientes do razoable interese por coñecer unha cuestión tan importante, pensamos que é mais prudente tomar a decisión cando os  datos de evolución da crise da COVID-19 nos permitan ter unha maior certeza sobre a posibilidade ou non de realizar as probas de avaliación de xeito presencial, así como sobre a necesidade ou non de modificar o calendario de exames".

Asemade, Antonio López aproveitou para lembrar que a USC ten en funcionamento unha Oficina Virtual de Atención á que o alumnado pode dirixirse, tanto por enderezo electrónico, como a través da aplicación móbil Whatsapp, para solventar as súas dúbidas.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600