Información
Portada

En Galicia, peor que no Estado: sobe o desemprego e cae a afiliación

Información
10 Enero 2017 4348 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Maica BouzaO Sindicato Nacional de CCOO de Galicia considera negativos os datos de desemprego e afiliación publicados hoxe. A evolución do paro e da afiliación en decembro é o peor no Estado, reflexo claro do impacto das nefastas políticas desenvolvidas polo Goberno galego

A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, coida que a evolución do emprego en Galicia está directamente relacionada coa aniquilación do investimento público nos orzamentos da Xunta desde a chegada do Partido Popular, co nefasto papel que como empregador está a desempeñar o Goberno galego e cos nosos sectores produtivos abandonados á súa sorte. «A positiva evolución interanual do paro queda ensombrecida polo dato de afiliación», lamenta Bouza, «hai 22.894 persoas desempregadas menos por só 17.613 novas afiliadas. Isto reflicte que, un ano mais, os galegos e galegas seguen abandonando o noso mercado laboral ante a falta de expectativas de atopar un emprego». Ademais, o ritmo de creación de emprego é insuficiente para compensar o perdido durante a crise. CCOO demanda ao presidente Feijóo que recupere o papel do sector público galego na economía, reactive o investimento público, aposte polos nosos sectores produtivos, recupere a protección social para as persoas desfavorecidas e restitúa os salarios aos empregados e empregadas públicas. a poboación galega foi, e aínda están sendo, duramente castigada pola crise. Os orzamentos que se están a tramitar no Parlamento de Galicia son o instrumento para mudar a situación e para iso deben poñer as persoas no centro da política. Facemos un chamamento ao sector empresarial para que se comprometa na saída da crise. Para que aposte pola creación de emprego de calidade e pola recuperación do poder adquisitivo dos salarios como medio inescusable para que remonte o consumo e, con el, a actividade e o emprego. Sobe o paro en Galicia En decembro, Galicia rexistrou novamente un incremento do paro, mentres que no estado baixou. En cifras absolutas, a nosa comunidade encabeza a suba do paro con 2.360 persoas paradas máis ca no mes de novembro. Segundo os datos publicados hoxe, en decembro había 205.914 persoas desempregadas inscritas nas oficinas do servizo público de emprego: 111.561 mulleres (representan o 54,2 % do paro rexistrado) e 94.353 homes. Do total de paro rexistrado, 9.391 son menores de 25 anos (o 4,6 % das persoas desempregadas). O paro rexistrado sobe por cuarto mes consecutivo en Galicia: había 2.360 persoas máis en paro ca no mes de novembro, o que equivale a unha suba do 1,16 %. Pola contra, na media estatal baixou un 2,29 % (en cifras absolutas, son 86.849 persoas paradas menos). A suba céntrase nos homes (3.330 máis fronte a 970 paradas menos) e nas persoas de 25 ou máis anos (2.806 máis fronte a 446 menos menores de 25 anos). O paro rexistrado sobe en todos os sectores de actividade agás no colectivo sen emprego anterior (428 persoas paradas menos) e nos servizos (914 persoas paradas menos). Hai 1.852 persoas paradas máis na construción, 1.335 na industria, 515 no sector primario. A suba máis intensa dáse na construción (+8,61 %). Desde decembro de 2015, o desemprego baixou en 22.894 persoas (−10,01 %). En termos anuais, o paro rexistrado segue diminuíndo máis nos homes ca nas mulleres (12.471 parados menos fronte a 10.423 paradas menos). A redución do desemprego por sectores é xeneralizada pero, en proporción, é máis intensa na construción (−16,96 %). Análise da contratación A contratación está marcada pola precariedade: excesiva rotación no mercado laboral, elevada temporalidade e demasiados contratos a xornada parcial son algunhas das manifestacións da deterioración das condicións laborais. Así pois, o 92,53 % dos contratos rexistrados no mes de decembro foron eventuais. En cifras absolutas, rexistráronse 71.509 contratos e, deles, 66.167 foron temporais. En termos mensuais, baixou a contratación e con máis forza a indefinida: 692 contratos indefinidos menos (−11,47 %) e 3.879 temporais menos (−5,54 %). Na comparación anual, rexistráronse 937 contratos indefinidos máis (+21,27 %) e 1.926 temporais máis (+3,00 %). No ano 2016 rexistrouse un elevado número de contratos, o que demostra que o noso mercado laboral non se caracteriza precisamente por ser pouco flexible. Porén, a contratación está condicionada por unha elevada temporalidade. Dos 944.114 contratos que se rexistraron durante o ano 2016, o 92,46 % eran temporais. Afiliación á seguridade social Outro mes máis volve caer a afiliación media á seguridade social na nosa comunidade (−0,50 %) e, pola contra, na media estatal sobe un 0,39 %. O pasado mes de decembro había 963.735 afiliacións á seguridade social. Son unhas 4.800 menos ca no mes anterior: 3.919 menos no réxime xeral, 513 menos no mar e 376 menos no de autónomos. Cómpre destacar que no mes de decembro baixou máis a afiliación á seguridade social do que se incrementou o paro rexistrado (4.809 afiliacións menos fronte a 2.360 parados e paradas máis). En termos anuais, a afiliación á seguridade social segue avanzando menos en Galicia ca no conxunto do estado: un 1,86 % fronte ao 3,12 %. Desde decembro de 2015 hai 17.613 afiliacións máis. Por réximes, destaca a perda de afiliación no de autónomos (1.687 afiliacións menos ca en decembro de 2015). Ademais, baixa moito máis o paro rexistrado do que se incrementa a afiliación á seguridade social (22.894 persoas menos en paro fronte a 17.613 afiliacións máis) e entre as causas que o explican poden estar a emigración e a retirada do mercado laboral de persoas desanimadas pola falta de oportunidades. Prestacións por desemprego No mes de novembro de 2016 había 98.059 persoas cobrando unha prestación por desemprego (son 12.756 menos que hai un ano) e a situación é para preocuparse porque as prestacións contributivas, as de máis calidade, só representaban o 41,34 % do total, mentres que no caso dos subsidios por desemprego a porcentaxe sobe ata o 46,53 %. A repartición das prestacións é a seguinte: 45.630 percibían un subsidio por desemprego, 40.535 contributivas, 11.181 a renda activa de inserción e 713 correspondían ao programa de activación de emprego. A cobertura do sistema de protección por desemprego durante o mes de novembro de 2016 foi do 52,5 %, mentres que un ano antes era do 53,6 %. Polo tanto, en Galicia hai máis de 88.000 persoas paradas que teñen experiencia laboral pero non cobran prestacións por desemprego. O gasto en prestacións por desemprego baixou un 10,7 % en comparación co mes de novembro de 2015.

Maica Bouza

 


La Magistrada del Juzgado N¬ļ 1 de Santiago Ana L√≥pez-Suevos Fraguela emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar S√°nchez Sierra..."que exige 50.000 euros, y borrar toda la informaci√≥n p√ļblica del PPdeG su nombre y cargos p√ļblicos.."  y de postre METERLO EN LA C√ĀRCEL UN M√ćNIMO DE CUATRO A√ĎOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos p√ļblicos a dedo y sin concurrencia p√ļblica "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - P√ļblico.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la informaci√≥n veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Seg√ļn Javier Marzal Mercader  los funcionarios p√ļblicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver art√≠culo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el ¬ęnegocio¬Ľ de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del a√Īo 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del a√Īo 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado N¬ļ 1 de Santiago de Compostela Ana L√≥pez-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El d√≠a 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de informaci√≥n p√ļblica PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral T√©cnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael √Ālvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un d√≠a despu√©s de estas fechas el Sr Rafael √Ālvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sum√°ndose asi a su excompa√Īera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificaci√≥n de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral T√©cnico emite resolucion informando de las subvenciones p√ļblicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde Jos√© Carlos Mill√°n Calenti √© coordinador dun dos 22 grupos que compo√Īen a agrupaci√≥n,importe total concedido a agrupaci√≥n 500.000 ‚ā¨ (en tres anualidades: 100.000 ‚ā¨ no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relaci√≥n c√≥ expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo Jos√© Carlos Mill√°n Calenti, importe total concedido 70.000 ‚ā¨ (en tres anualidades: 17.500 ‚ā¨ no ano 2014 e 2016 e de 35.000 ‚ā¨ no 2015) (DOG n√ļm. 202, 24.11.2017), en relaci√≥n co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo Jos√© Carlos Mill√°n Calenti, importe total concedido 200.000 ‚ā¨ (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 ‚ā¨).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a tr√°mite la querella criminal La Magistrada del Juzgado N¬ļ 1 de Santiago de Compostela Ana L√≥pez-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr Jos√© Alberto D√≠ez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Mill√°n Calenti no recibi√≥ ninguna subvenci√≥n p√ļblica ni pertenece a ning√ļn equipo de investigaci√≥nCopia descargable. 

Solicitada petici√≥n expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a d√≠a de hoy ( para no "fastidiarle el tr√°mite de la querella criminal al Sr Rafael √Ālvaro Mill√°n Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver √ļltimas amenzas de m√°s querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jes√ļs Palmou y Enrique Losada Puerto Coru√Īa..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripci√≥nTama√Īo
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

O Concello sortea convites para presenciar os Fogos do Apóstolo dende o espazo para convidados

O Concello de Santiago sortea este ano 15 convites dobres (agraciado/a e acompa√Īante) para presenciar o espect√°culo luminoso..

RUTA XEOL√ďXICA DO MUNICIPIO NA PEN√ćNSULA DE MONTEFERRO

O Concello de Nigr√°n ofrece este martes 16 de xullo a s√ļa primeira ruta xeol√≥xica do municipio na pen√≠nsula de Monteferro,..

Otros articulos relacionados.....

Que te√Īen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Env√≠anos los datos a holgazan@acci√≥nytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+