O sistema de pensións público é viábel e o PP pretende desmantelar esta prestación
O sistema de pensións público é viábel e o PP pretende desmantelar esta prestación
Información
30 Enero 20176403 votos - Registrate para votar
Insta á cidadanía a secundar as mobilizacións sindicais “para impulsar un cambio a favor da maioría social e recuperar dereitos perdidos”
A portavoz nacional, Ana Pontón, encabezou a representación do BNG na manifestación convocada pola CIG en defensa do sistema público de pensións, ante o que considera unha ofensiva do PP para desmantelar unha das prestacións sociais máis emblemáticas e necesarias, máxime nun país tan envellecido como Galiza.
“Estamos ante a crónica anunciada dun roubo dentro da escala de recortes e de privatizacións do PP que, neste caso pretende levarse por diante nada menos que o sistema público de pensións poñendo en marcha toda unha campaña que inclúe o desmantelamento da caixa das pensións”, denunciou Pontón.
“O Bloque considera que o sistema é plenamente viable se hai vontade política de sustentalo, pero estamos ante un debate ideolóxico onde a dereita do PP quere impoñer un deterioro progresivo do sistema para crear o caldo de cultivo da súa privatización”, advertiu.
Neste sentido, indicou que o BNG levará o debate do futuro do sistema público de pensións ao Parlamento, onde pedirá a creación dunha comisión para analizar e garantir o futuro das pensións en Galiza. “Temos claro que é un sistema viable e que son decisións políticas as que pretenden desmantelar o actual modelo de pensións para privatizalo”, reiterou a portavoz nacional.
Pontón instou á cidadanía a mobilizarse “para impulsar un cambio a favor da maioría social, que inclúe a derrogación da reforma laboral ao igual que todos os recortes en materia de dereitos dos e das traballadoras, e para avanzar nun marco galego de relacións laborais”.
“É necesario unha gran mobilización social para reverter os recortes de dereitos e para gañara outros novos”, argumentou, instando a secundar todas as manifestacións que convoquen as centrais sindicais.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)