Información
Portada

O nacionalismo é máis necesario que nunca para a mocidade ter futuro

Información
05 Febrero 2017 6857 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • IMG 20170204 180152Perto dun cento de moz@s participan nas Xornadas de Historia de Galiza en Ourense.

  • As XVIII farán un percorrido pola historia de Galiza centrándose na historia do nacionalismo desde o 1963 ate a actualidade.

Ourense, 4 de febreiro de 2017.- Perto dun cento de moz@s participaron esta fin de semana en Ourense nas XVIII Xornadas de historia de Galiza organizadas por Galiza Nova, organización xuvenil do BNG.

Durante dous días a mocidade poderá coñecer unha parte da historia oculta do noso país. Neste senso, o secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Fernández, asegurou que “debemos coñecer a historia do noso país para fortalecer o nacionalismo” como unha “ferramenta chave” para “construír o noso futuro”.

A presentación das xornadas ficou a cargo do Responsábel Comarcal de Galiza Nova, Marcos Fernández e Alberte Fernández, Secretario Xeral de Galiza Nova.

Ao longo desta dupla xornada as persoas participantes puideron afondar na historia do nacionalismo galego durante o segundo terzo do século XX a través da ponencia impartida por Alfredo Suárez Canal e Francisco Jorquera, dous dos maiores referentes do nacionalismo recente.

Durante a xornada do sábado as mozas e mozos de Galiza Nova despregaron unha pancarta na cidade de Ourense fronte a situación de elevado desemprego no que se atopa a nosa mocidade en relación aos datos publicados pola EPA o pasado xoves.

Na xornada do sábado, baixo o título “Mulleres na loita antifascista” a organización xuvenil rescatou da man da deputada do BNG por Ourense Noa Presas a memoria feminina e puxo en valor o protagonismo das mulleres ourensás durante a represión franquista.

Na xornada do domingo as persoas participantes coñeceron a influencia que o goberno nacionalista de Allariz tivo no avance e mellora da cidade da man do alcalde, Paco García. Do mesmo xeito tivo lugar un coloquio centrado na cuestión LGTBI, os avances na lexislación e as necesidade para o futuro e finalmente, as mozas e mozos nacionalistas tamén debaterán sobre a necesidade de soberanía para a Galiza como solución aos problemas da mocidade. Nela participarán Alberte Mera, ex-Secretario Xeral de Galiza Nova e Olalla Rodil, deputada pola provincia de Lugo e integrante da Comisión Permanente de Galiza Nova.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+