Información
Portada

O BNG impulsa no Parlamento unha Lei Galega da Memoria Histórica

Información
02 Marzo 2017 3846 votos

O parlamentario do BNG, Luís Bará presentou  hoxe unha proposición non de lei para instar ao goberno galego a desenvolver unha “política pública sobre a memoria histórica”, fundamentada nos Dereitos humanos, a Verdade, a Xustiza e a reparación das vítimas do franquismo en Galiza.

Para o deputado, o pasado segue sendo “moi incómodo” para algúns sectores da política e  da sociedade pero sen dúbida, “moito máis doloroso” para as vítimas e as súas familias pola ausencia dunha “política pública da Memoria histórica”. Neste sentido  avanzou que o BNG presenta esta iniciativa co fin de aprobar unha Lei galega para rescatar  “a Verdade, a Xustiza e a reparación das vítimas” do golpe de Estado e da Ditadura franquista.

Bará lembrou que foron máis de 6.000 persoas represaliadas e fusiladas no período 1936-1939, numero que o deputado asegurou é moito máis elevado e ao que sumou “a violencia que non deixou rastro”, aquela, dixo   exercida sobre mulleres con tatuaxes na pel, violacións  ou torturas a base de  aceite de ricino e outras substancias.

O parlamentario  aludiu a un informe de dereitos humanos da ONU que pon  en evidencia as carencias da política da Memoria Histórica, tanto no Estado español como en Galiza no que atinxe á reparación das vítimas e as garantías para a non repetición.

A proposta nacionalista recolle medidas para  unha política pública  da Memoria Histórica  que debe contar “co máximo apoio institucional” e que pode depender, dixo o deputado, “da presidencia ou vicepresidencia do Goberno galego”.

A lei galega debe “completar, ampliar e mellorar a Lei estatal” do ano 2007 polo que imos  propoñer a creación  dunha comisión da Verdade, “plural, independente e de carácter oficial”  que recupere ás vítimas con carácter amplo porque   hai moitas que non aparecen nos rexistros oficiais. Asemade, engadiu, reclamamos crear “unha oficina de vítimas do franquismo”, que reactive o proxecto “Nomes e Voces” desmantelado polo Goberno de Feijóo e que sexa creado tamén  o Arquivo da Memoria Histórica de Galiza como centro público de investigación e divulgación con todo o material recompilado e que na actualidade fica “nun almacén”. Bará fixo fincapé na necesidade de estudar a  “memoria oral” referida á  violencia contra as mulleres, da que dixo, permanece “ausente nos rexistros e documentos”.

O parlamentario reivindicou declarar a Illa de San Simón, “ILLa da Memoria”  e  espazo central da loita pola memoria histórica democrática. Derrogar a lei de amnistía de 1997 por ser un obstáculo para abrir investigacións e procedementos penais contra violacións graves dos dereitos humanos. Instar ao goberno do Estado a reformar a Lei Orgánica do Estatuto da Vítima do Delito para incluír nela ás vítimas da represión franquista. Elaborar o Mapa da Memoria, iniciativa tamén eliminada polo Parido popular,  e facer cumprir a lei no relativo á retirada de todo tipo de simbolismo franquista en rúas e monumentos así como “suprimir títulos honoríficos e recoñecementos a persoas vencelladas á Ditadura”

Finalmente, o nacionalista  cominou ao goberno galego  a tomar cartas no asunto do Pazo de Meirás, na actualidade pechado por decisión da propia familia do ditador. Ademais de abrir un expediente, explicou o deputado, resulta “un escándalo que a familia de Franco sega boicoteando a apertura do Pazo”, é unha obriga dos seus propietarios abrilo ao público e a lei hai que cumprila e   anunciou que nos vindeiros días, o BNG rexistrará unha iniciativa no Parlamento galego sobre esta cuestión.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago