Información
Portada

O VALEDOR CONSTATA “UN CONSIDERABLE INCREMENTO DA INSATISFACCIÓN CIDADÁ COS SERVIZOS PRESTADOS POLA XUNTA”

Información
29 Marzo 2017 5019 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Raúl Fernández advirte dun aumento do 65 por cento no número de reclamacións en só un ano, fundamentalmente sobre sanidade e emprego público

Alerta de que o medio rural supón tan só o 0,1 por cento das queixas, o que evidencia a súa “desconexión” coa institución

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 17. O portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Peticións ao Valedor, Raúl Fernández, advertiu hoxe da crecente insatisfacción da cidadanía cos servizos públicos prestados polo goberno galego. Así o dixo á luz do último informe do Valedor do Pobo, no que aumentan notablemente o número de queixas, así como o de asuntos motivo de preocupación, e revela ademais o desapego do mundo rural coa institución.

O responsable socialista trasladou a preocupación do Grupo Socialista coa insatisfacción amosada pola cidadanía, que pasou de presentar 39.409 queixas en 2015 a un total de 64.937 en 2016. Un aumento do 65 por cento no número de queixas que revela un notable incremento dos cidadáns insatisfeitos e a falla de solucións por parte do goberno galego e que “por iso teñen que recorrer ao Valedor”.

Ademais, dixo, o número de asuntos plantexados tamén aumentou, pasando de 2.287 en 2015 a un total de 2.356 en 2016, unhas queixas que pivotan fundamentalmente en torno á sanidade, que recibe o 77,56 por cento das queixas, e o emprego público e interior, co 17,93 por cento.

A lexislatura do rural

O parlamentario socialista advertiu que as conclusións deste informe revelan que “aínda resta moito camiño para que esta sexa a lexislatura do rural que publicita o presidente da Xunta”. Explicou que o medio rural, onde reside o 20 por cento da poboación de Galicia, canaliza apenas o 0,1 por cento das queixas presentadas ao Valedor, o que “é unha mostra de que algo está a fallar” na institución con esta poboación.

Raúl Fernández deu a voz de alarma sobre a “desconexión do rural co Valedor”, por canto os déficits que afectan ao mundo urbano replícanse nas pequenas vilas e pobos de Galicia, onde reflicten “especificidades que tampouco son motivo de queixa”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+