Información
Portada

O goberno do PPdeG viola a intimidade familiar e persoal dos funcionarios pedindo datos sobre a s√ļa saude

Información
05 Mayo 2017 4410 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A instancias da CIG, a Xunta de Persoal de Pontevedra presentou escrito a Función Publica e posteriormente a Valedora do Pobo solicitando que non se pidan tales datos.

 

A raíz da aplicación da Lei 1/2012 de 29 de febreiro de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza, o persoal que se atopa en situación de incapacidade temporal ten que xustificar, para poder cobrar o 100% das súas retribucións, que se atopa nun dos supostos fixados pola lei. Para xustificar isto os funcionarios/as non teñen en moitos casos mais alternativa que adxuntar o diagnóstico médico, o cal vulnera o dereito a intimidade dos/as mesmos/as. En outubro de 2015 a CIG presentou un escrito para ser aprobado pola Xunta de Persoal de Pontevedra no que se solicitaba unha xuntanza con Función Pública para tratar de resolver este asunto. No escrito facíase constar a resposta da Axencia Española de Protección de Datos a un funcionario de Pontevedra onde a AEPD sinalaba que “...non poderán solicitar aos interesados a efectos de acreditar que a ausencia do posto de traballo se atopa nun dos supostos fixados na Instrución de 7 de maio de 2012, máis aló da mera xustificación ou declaración por parte do facultativo do suposto previsto ou a existencia dun tratamento dos considerados merecedores do complemento de incapacidade temporal do 100% das retribucións” No escrito se solicitaba a Función Publica solicitando unha xuntanza para tratar:

  • A posibilidade de que o Servizo Galego de Saúde estableza partes de baixa ou certificados nos que se poida sinalar que a persoa se atopa dentro dos supostos sinalados no anexo do listado de enfermidades graves da Instrución de 21 de xullo de 2015 sen especificar casos concretos.
  • Establecemento dun protocolo de actuación e instrucións claras aos departamentos de persoal.

Ante a falta de resposta de Función Publica, a Xunta de Persoal, tamén a instancias da CIG presentou escrito ante a Valedora do Pobo quen en decembro de 2016 da resposta limitándose a trasladar a opinión da Xunta de que o destinatario debe ser o SERGAS e que instan a Xunta a que conteste a Xunta de Persoal. A CIG insta a Xunta a sentarse a estudar as demandas presentadas pola Xunta de Persoal e solventar este problema, derivado dunha lei que debería ser derrogada.

Texto íntegro do escrito presentado pola CIG na Xunta de Persoal de Pontevedra e enviado a Función Pública

A Xunta de Persoal funcionario dos servizos periféricos da Xunta de Galiza na provincia de Pontevedra, en relación a situación de vulneración da protección de datos de carácter persoal derivada da falta de instrucións precisas sobre a xustificación de enfermidades graves, hospitalización, intervención cirúrxica e outros supostos que dean lugar ao aboamento do cen por cento do complemento por incapacidade temporal,

EXPÓN que,

1. O 3 de marzo de 2012 entrou en vigor a Lei 1/2012 de 29 de febreiro de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza.

No seu artigo segundo se establecen unha serie regras para o abono do complemento por incapacidade temporal, que en determinados casos sería do 100% das retribucións:

  • Hospitalización.

  • Intervención cirúrxica.

  • Maternidade.

  • Risco por embarazo.

  • Risco durante a lactación natural.

  • Paternidade.

2. Nas instrucións do 7 de maio de 2012, para a aplicación dos complementos de incapacidade temporal debida a continxencias profesionais e comúns, e nas situacións de maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural, a Dirección Xeral de Función Pública dispón na instrución segunda que nos casos de intervención cirúrxica “o traballador deberá presentar xustificante médico da devandita intervención cirúrxica e acreditar que a baixa ten a mesma causa que a intervención sen que sexa necesario especificar a concreta actuación médica practicada.”

Igualmente se enumeran unha serie de supostos que dan lugar ao aboamento do 100% das retribucións, sempre que se atopen incluídas na carteira de servizos do sistema sanitario público, como son:

  • Intervencións de cirurxía maior ambulatoria.

  • Intervencións de cirurxía menor ambulatoria.

  • Intervencións médicas invasivas como colonoscopias, gastroscopias e outras.

  • Tratamentos oncolóxicos.

3. A Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galiza, no seu artigo 146 alínea 3.a) establece que “Nos casos de continxencias profesionais e continxencias comúns que xeren hospitalización ou intervención cirúrxica, así como nos de enfermidade grave, aboarase un complemento ata alcanzar o cen por cento das retribucións desde a data de inicio da situación de incapacidade temporal.”

4. Na instrución de 21 de xullo de 2015 para a aplicación dos complementos de incapacidade temporal debida a continxencias profesionais e comúns, e nas situacións de maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural para adaptalas á Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galiza, a Dirección Xeral de Función Pública dispón no punto segundo 1.b) que por enfermidade grave se entende as enunciadas no anexo do Real Decreto 1148/2011, do 29 de xullo,, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave ou outra enfermidade grave, ou norma que a substitúa, ou cando así o determine o informe médico clasificando unha enfermidade como grave de acordo co disposto no citado Real Decreto.

5. De todo isto, se deduce que as persoas funcionarias que se atopen nun suposto de incapacidade temporal por enfermidade grave, aos efectos de que se lles aboe o 100% do complemento por tal incapacidade deben aportar xustificante médico acreditativo de tal situación, algo que só poden se pode facer aportando o diagnóstico aos servizos de persoal, debido a que nos partes de baixa non figura o diagnóstico nin a posibilidade de cualificar a baixa como grave.

6. Sobre a posibilidade de que a través do diagnóstico se poida xustificar o carácter grave da enfermidade queremos destacar que:

a) No informe 2/2012 da APD, colgado na súa páxina web, e por remisión no do 21/10/2012 e en relación co permiso por enfermidade grave dun familiar se establece que el precepto del EBEP que o contempla non autoriza ao órgano da Administración no que o funcionario presta servizos a valorar la gravidade da enfermidade, nin a coñecer outros datos de saúde distintos á mera existencia dunha enfermidade grave e en consecuencia, debe concluírse que a emisión dunha certificación polo facultativo que tratase ao familiar do funcionario solicitante debe limitarse a poñer de manifesto o carácter grave da enfermidade padecida, sen que dita certificación poida referirse á concreta enfermidade padecida.

b) No informe 9/2010 afirmase que “…se o que se pretende e acceder ao parte de baixa atopámonos en presenza de datos de saúde si recollen o diagnóstico médico...” criterio este que xustifica e explica seguramente o feito de que desde hai xa moitos anos omítese tal dato da copia da baixa entregada á empresa, polo que resultaría unha vulneración da protección de datos de carácter persoal querelo introducir agora.

c) No caso doutras Administracións Públicas, como a da Comunidade Autónoma de Madrid a instrución 26/9/2012 da Dirección Xeral de RRHH da Consellería de Educación establece que “…dado que os partes de IT non identifican as causas da mesma, para facer efectivo o dereito á percepción do complemento das retribucións ao 100 por cen, deberase acreditar na DAT correspondente a existencia dunha hospitalización e/ou intervención cirúrxica dentro dos vinte días seguintes ao inicio da IT. A tales efectos, e no que respecta ao tratamento de datos asociados á emisión de xustificantes de prestación de asistencia sanitaria, terase en conta o disposto na instrución 2/2009 de 21 de decembro de la APD da Comunidade de Madrid sobre o tratamento de datos persoais na emisión de xustificantes médicos, así como as consideracións emitidas por esta Axencia ao respecto”

Respecto á instrución 2/2009 de 21 de decembro (BOCM del 21/1/2010) previa ás distintas normas autonómicas o estatais de recorte das IT, estando concibida para outros supostos diferentes pero claramente relacionados aos efectos de protección da privacidade co caso que nos ocupa por establecer criterios e principios para a emisión de xustificantes polos centros sanitarios públicos sinala nos seu articulado:

  • Artigo 3.2: “…non se poderán utilizar documentos clínicos o administrativos que puideran estar deseñados para o seu uso con outras finalidades distintas da emisión de xustificantes, só polo feito de conter estes, con carácter xeral, referencias directas ou indirectas ao concreto problema de saúde do paciente ou usuario…”.

  • Artigo 3.3: “na emisión de xustificantes para o propio traballador enfermo non se considerará adecuado ao principio de calidade dos datos a inclusión no xustificante, entre outros posibles datos, dos relativos ao diagnóstico, proba realizada ou denominación do servizo que atendeu paciente. Aos efectos, o xustificante emitido deberá limitarse a constatar que existe un problema de saúde (sic) que é causa da incapacidade laboral na que se atopa o paciente ou usuario”.

  • En relación ao tratamento dos xustificantes polos departamentos de persoal, o artigo 4.1 dispón: ”…non será adecuado nin pertinente e considerarase excesivo que estes departamentos de persoal coñezan calquera información referente ao concreto estado de saúde do traballador”

  • Artigo 4.3: “o acceso aos datos de saúde por parte dos departamentos de persoal nos dous supostos contemplados neste artigo suporía unha infracción moi grave tipificada no artigo 44 da LOPD”.

  • Artigo 5: sinala que “corresponde á administración sanitaria o establecemento dos procedementos que regulen a presentación de solicitudes de xustificantes e a emisión dos mesmos”.

d) En resposta a un escrito presentado por un funcionario da Xunta de Galiza o 1 de outubro de 2013 en relación á problemática aquí tratada, ante a Axencia Española de Protección de Datos, esta, en escrito de data 23 de outubro de 2013 conclúe que “En consecuencia, por parte dos servizos de persoal dependentes da administración autonómica sobre a que se realiza a consulta, non poderán solicitar aos interesados a efectos de acreditar que a ausencia do posto de traballo se atopa nun dos supostos fixados na Instrución de 7 de maio de 2012, máis aló da mera xustificación ou declaración por parte do facultativo do suposto previsto ou a existencia dun tratamento dos considerados merecedores do complemento de incapacidade temporal do 100% das retribucións”.

E tamén sinala que en relación aos supostos que nos ocupan ...”debe considerarse que a mera declaración da concorrencia dun suposto previsto na Instrución de 7 de maio de 2012, así declarada polo facultativo que atenda ao empregado público, ou ao máis, a referencia á existencia dun tratamento dos previstos nesa instrución, aínda sen especificar cal sexa esta, a circunstancia do embarazo da empregada ou do feito da hospitalización ou intervención debería ser considerados como xustificación suficiente para que deba entenderse producida a circunstancia que da lugar á retribución do 100% legalmente prevista, sen que tampouco proceda dar coñecemento ao órgano de persoal de ningunha outra información relacionada coa saúde do empregado público”.

7. Constatando o feito de que a Administración da Xunta de Galiza non adoptou medidas, dende a entrada en vigor das normas que dan lugar a esta situación, para corrixir este problema derivado dun recorte de dereitos con finalidade política sen reflexión sobre os efectos que podería conlevar tal decisión. E que esta circunstancia da lugar á unha vulneración flagrante en materia de protección de datos de carácter persoal, ao impedir que o persoal funcionario público poida acollerse aos supostos legais onde se lles aboa o complemento do 100% das IT sen revelar datos persoais e de saúde que gozan de especial protección, como son os diagnósticos ou tratamentos. E tendo a certeza de que eses datos persoais referidos á saúde non se están a utilizar para fines asociados á prevención ou ao diagnóstico, á prestación de asistencia sanitaria ou determinados tratamentos médicos senón para unha finalidade completamente distinta cando non incompatible con aquela, como pode ser a económica, co recorte do gasto de persoal centrado naquelas persoas que se atopan en circunstancias difíciles debido a padecer doenzas, ou a política, vendendo austeridade e man dura cos funcionarios/as públicos/as á conta da súa saúde.

SOLICITA,

Unha xuntanza con vostede para tratar este asunto, destacando,

  • A posibilidade de que o Servizo Galego de Saúde estableza partes de baixa ou certificados nos que se poida sinalar que a persoa atópase dentro dos supostos sinalados no anexo do listado de enfermidades graves da Instrución de 21 de xullo de 2015 sen especificar casos concretos.
  • Establecemento dun protocolo de actuación e instrucións claras aos departamentos de persoal.

 


La Magistrada del Juzgado N¬ļ 1 de Santiago Ana L√≥pez-Suevos Fraguela emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar S√°nchez Sierra..."que exige 50.000 euros, y borrar toda la informaci√≥n p√ļblica del PPdeG su nombre y cargos p√ļblicos.."  y de postre METERLO EN LA C√ĀRCEL UN M√ćNIMO DE CUATRO A√ĎOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos p√ļblicos a dedo y sin concurrencia p√ļblica "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - P√ļblico.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la informaci√≥n veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Seg√ļn Javier Marzal Mercader  los funcionarios p√ļblicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver art√≠culo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el ¬ęnegocio¬Ľ de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del a√Īo 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del a√Īo 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado N¬ļ 1 de Santiago de Compostela Ana L√≥pez-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El d√≠a 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de informaci√≥n p√ļblica PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral T√©cnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael √Ālvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un d√≠a despu√©s de estas fechas el Sr Rafael √Ālvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sum√°ndose asi a su excompa√Īera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificaci√≥n de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral T√©cnico emite resolucion informando de las subvenciones p√ļblicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde Jos√© Carlos Mill√°n Calenti √© coordinador dun dos 22 grupos que compo√Īen a agrupaci√≥n,importe total concedido a agrupaci√≥n 500.000 ‚ā¨ (en tres anualidades: 100.000 ‚ā¨ no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relaci√≥n c√≥ expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo Jos√© Carlos Mill√°n Calenti, importe total concedido 70.000 ‚ā¨ (en tres anualidades: 17.500 ‚ā¨ no ano 2014 e 2016 e de 35.000 ‚ā¨ no 2015) (DOG n√ļm. 202, 24.11.2017), en relaci√≥n co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo Jos√© Carlos Mill√°n Calenti, importe total concedido 200.000 ‚ā¨ (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 ‚ā¨).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a tr√°mite la querella criminal La Magistrada del Juzgado N¬ļ 1 de Santiago de Compostela Ana L√≥pez-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr Jos√© Alberto D√≠ez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Mill√°n Calenti no recibi√≥ ninguna subvenci√≥n p√ļblica ni pertenece a ning√ļn equipo de investigaci√≥nCopia descargable. 

Solicitada petici√≥n expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a d√≠a de hoy ( para no "fastidiarle el tr√°mite de la querella criminal al Sr Rafael √Ālvaro Mill√°n Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver √ļltimas amenzas de m√°s querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jes√ļs Palmou y Enrique Losada Puerto Coru√Īa..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripci√≥nTama√Īo
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

O vindeiro s√°bado, 20 de xullo, no marco do Calendario Galego de Augas Abertas, vaise a celebrar no entorno..

Esta alcald√≠a tivo co√Īecemento extraoficial por notificaci√≥n oral do responsable do Centro de Sa√ļde do Rosal, Dr. D. Antonio..

Otros articulos relacionados.....

Que te√Īen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Env√≠anos los datos a holgazan@acci√≥nytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+