A CIG-Ensino vén de denunciar que durante esta semana na aplicación do profesorado interino e substituto do Corpo de Mestres da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (https://www.edu.xunta.es/substitutoslistas/) aparecen prazas de substitucións que pouco despois desaparecen sen ser adxudicadas publicamente enganando unha vez mais ao profesorado, non contentos on enganar Mariano Rajoy e Feijóo subíndolle o IVA aos chuches, a pesar de dicir o contrario enganando aos nenos e pícaras
Isto agrávase, se cabe, polo feito de que ao comezo de curso moito profesorado está pendente do seu nomeamento e ao ver que as prazas que lle poderían interesar aparecen e desaparecen diante dos seus ollos sen ser adxudicadas fai que se dubide moito da limpeza dun proceso, que debe ser pulcro e transparente.
Segundo a CIG-Ensino, a esta desaparición de prazas hai que sumar que as listas aínda non foron actualizadas despois do proceso selectivo realizado o curso pasado, o que crea incerteza por parte do persoal substituto e interino.
Por iso exixe a actualización das listaxes de substitucións, que estas prácticas sexan corrixidas e que toda praza que apareza no listado teña xustificación pública para a súa desaparición.
rajoy los chuches - YouTube
Así criticó Rajoy la subida del IVA “de los chuches” | España | EL PAÍS
Los incumplimientos de Rajoy llegan al IVA de “los chuches ...