O PPdeG négase no PARLAMENTO de GALICIA a unha proposición para mellorar a seguridade nos buques de pesca galegos
O PPdeG négase no PARLAMENTO de GALICIA a unha proposición para mellorar a seguridade nos buques de pesca galegos
Información
09 Noviembre 20179930 votos - Registrate para votar
OS SOCIALISTAS CONSIDERAN “INCOMPRENSIBLE” QUE A XUNTA REDUZA OS INVESTIMENTOS EN SEGURIDADE NO MAR A UNHA TERCEIRA PARTE
Loli Toja critica o veto do PP a unha proposta para pedir as melloras necesarias para reducir a sinistralidade nos buques
Santiago de Compostela, 09 de novembro de 17. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, sinalou hoxe que “non se entende” que a Xunta decidira reducir os investimentos en seguridade no mar a unha terceira parte nos orzamentos de 2018. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para pedirlle á Xunta un programa de mellora da seguridade a bordo, que “incomprensiblemente” foi vetado polo PP.
A responsable socialista criticou que a Consellería do Mar decidira reducir a 335.000 euros os orzamentos para saúde e seguridade dende os 900.000 cos que contaba o ano pasado, mentres na partida de Investimentos a bordo pasa de 1,3 millóns de euros en 2017 a apenas 248.000 nos Orzamentos de 2018.
Toja sinalou que estes datos, en contra do que dixo o portavoz do PP, evidencian que “non é certo que xa estean traballando na mellora da seguridade marítima”, polo que anunciou emendas aos Orzamentos da Consellería do Mar para recuperar o investimento en seguridade. Instou a tomar medidas urxentes para mellorar a seguridade e, dixo, “vale xa de permanecer sentados en San Caetano agardando que non pase nada”.
A parlamentaria socialista apuntou a medidas de mellora da seguridade, tanto sistemas para manter as embarcacións a flote, como dirixidas á localización posterior aos sinistros. Apuntou ademais a mellorar a póliza colectiva de seguros de mal tempo e de accidentes no mar que, “ben utilizada podería ser unha ferramenta indispensable para o sector”, loitando contra a precarización das condicións de traballo.
Sinalou que as costas galegas rexistraron preto de cen sinistros mariños no que vai de século XXI, fronte a un goberno que asume compromisos que “son meras declaracións de intencións”. Así o evidencia, sinala, que o Plan Estratéxico da Consellería para 2015-20 “non inclúe un só indicador que fale de investimentos en seguridade”.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)