Información
Portada

O Alcalde de Laracha negalle aos veciños de Caión mais persoal para o centro médico

Información
05 Diciembre 2017 3106 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

No último Pleno Ordinario da Corporación larachesa, celebrado o pasado xoves 30 de novembro, o Grupo Municipal do BNG presentou unha iniciativa na que reclamabamos un acordo para solicitar ao Sergas a dotación dunha praza de PSX (Persoal de Servizos Xerais) no Consultorio Médico de Caión, para que dese xeito as veciñas e os veciños de Caión non teñan que desprazarse á Laracha cada vez que teñen que facer trámites administrativos ou peticións de primeiras citas para especialidades.

A resposta do Alcalde foi que non era razoable pretender que Caión contase con ese servizo cunha poboación de 642 habitantes, e polo tanto a iniciativa do BNG foi rexeitada cos votos do Partido Popular que ten maioría absoluta. O PP da Laracha non considera razoable molestar ao Sergas cunha solicitude de persoal administrativo para o Consultorio de Caión, e polo tanto, a veciñanza de Caión terá que seguir desprazándose á Laracha para realizar todo tipo de trámites administrativos, primeiras citas de especialidades e outras.

Logo vemos como a Xunta gasta milleiros de euros en propaganda dicíndonos que nos "ruralicemos" e vendendo melloras fiscais para que a xente se implante no rural.

 

Pois se o que fan é negar servizos por non haber (segundo eles) suficientes habitantes non están apostando polo rural, só gastando o diñeiro en anuncios propagandísticos. O mesmo sucedeu no caso da Escola Unitaria de Soandres que pecharon porque seica non se podía manter con menos de 6 alumn@s matrículados. Non é tanto o que pediamos desde o BNG, só a dotación de persoal administrativo nun consultorio que xa existe e no que hai persoal sanitario, para que se poidan facer en Caión as mesmas xestións que se fan en calquera centro de saúde e evitar desprazamentos a unha poboación que non conta cun bo servizo público de transporte para achegarse á Laracha.

Xoán M. Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+