Información
Portada

Ensino quenta motores para a folga de mulleres do 8 de marzo contra as políticas do PPdeG

Información
04 Febrero 2018 1709 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Tan só no ensino público as mulleres supoñen o 70%, sumando arredor de 21.000 en total. O sindicato rexistrou xa a convocatoria de paros, en horario de 12 a 14 e de 19:30 a 21:30 horas, cos que se pretende revitalizar o espírito reivindicativo deste día e denunciar a situación de violencia que sofre a poboación feminina no mundo.

A CIG-Ensino chama as miles de mulleres que traballan neste sector en Galiza (21.000 só no ensino público) a que se sumen á convocatoria de Folga Xeral de Mulleres que vai ter lugar simultaneamente en 50 países do mundo o vindeiro 8 de marzo.

 

Unha vez rexistrada de forma oficial a convocatoria de paros, a central nacionalista está levando a cabo asembleas informativas nos 1.200 centros educativos do país para animar as mulleres a parar en todas as esferas (laboral, doméstica, de coidados, de consumo) durante dúas horas en horario de mañá (de 12 a 14 horas) ou de tarde (de 19:30 a 21:30).

Trátase dun paro só de mulleres, inédito até o momento, co que se pretende visibilizar o traballo que realiza a poboación feminina, así como reivindicar a igualdade de oportunidades e o dereito a vivir sen violencia.

Precisamente, a secretaria de Muller do sindicato, Margarida Corral, lembrou a necesidade de recuperar o espírito revolucionario e de loita co que naceu o 8 de marzo, tras formalizar a convocatoria desta xornada de folga no rexistro da Consellaría de Economía, Emprego e Industria.

Sobran motivos para ir a esta folga

 Neste sentido, referiuse ás pioneiras que pararon as fábricas e saíron á rúa para reclamar melloras salariais e nas condicións de traballo. “Sóbrannos motivos para ir a esta folga”, insistiu, “porque nos matan, nos violan, nos acosan…, porque nos pagan menos, temos máis precariedade e dificultades para promocionar laboralmente e para conciliar e porque seguen recaendo sobre nós de forma maioritaria as tarefas do fogar e o coidado de fillos e familiares”.

É por isto polo que o sindicato amplía o ámbito dos paros máis aló do estritamente laboral e anima as mulleres a non realizar ningún traballo de coidado, así como a non consumir e a visibilizar ese día o boicot ás empresas que discriminan ou empregan a imaxe da muller de forma sexista. “Vai ser polo tanto unha convocatoria totalmente novidosa e pioneira”, explicou, “porque as mulleres van ser as únicas protagonistas, pasando os homes a ter un papel secundario e de apoio, e tendo que suplir as tarefas coas que habitualmente cargan as mulleres nos centros de traballo e nos fogares”.

O ensino en Galiza, claramente feminino

O sindicato nacionalista agarda que esta convocatoria teña un amplo respaldo por parte das mestras e das profesoras que exercen no noso País que son unha ampla maioría dentro do colectivo.

En Primaria o 81% das traballadoras son mulleres

 Tan só na educación pública obrigatoria o 70% das traballadoras son mulleres, chegando no corpo de Primaria a situarse esta porcentaxe no 81%, cun total de 10.500 fronte a preto de 2.500 homes, segundo datos de hai catro anos. Pero tamén en Secundaria, malia ser un corpo menos feminizado, as mulleres chegan ao 58% do total, con arredor de 8.600 fronte a 6.250 homes.

Tamén no ensino privado a presenza da muller é moito máis ampla. Non ocorre o mesmo nas Universidades precisamente polo chamado “teito de cristal” co que se atopa a poboación feminina á hora de acceder a postos de maior cualificación e ás carreiras profesionais de longa duración. Malia ser maioría no colectivo de estudantes esta proporción non se mantén no sector docente.

Campaña do 8 de marzo en marcha

Polo de agora, a resposta está sendo moi positiva no contacto coas traballadoras nos centros de ensino. Delegadas da central apostan porque a folga se estenda, como é obvio, tamén ás alumnas e porque se fagan outro tipo de actos reivindicativos durante a xornada lectiva, con especial incidencia durante as dúas horas de paro, que se poden aproveitar para asistir ás concentración convocadas nas principais vilas e cidades galegas. “É importante que se visibilice na rúa, nos centros de traballo, nas redes sociais, nos medios de comunicación… que todas as mulleres sexan asalariadas ou non, autónomas, paradas, pensionistas, etc. paran xuntas ese día para dicir basta á violencia á que están sometidas e para lembrar que queda moito por facer en materia de igualdade e de reivindicación de dereitos”, concluíu Corral.


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+