Información
Portada

A Mesa resposta á pretensión Ciudadanos de eliminar o dereito a utilizar o galego na administración

Información
15 Febrero 2018 2316 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Mesa insta aos responsábeis deste partido a se informaren e repararen en que ningunha oposición á administración do Estado existe o requisito de coñecemento

Marcos Maceira: "Como se poden prestar servizos á cidadanía sen coñecer a súa lingua?"

O único que se pretende é dar amparo legal á vulneración dos dereitos lingüísticos por parte da Administración e nomeadamente pola do Estado

 

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2018-. A Mesa pola Normalización Lingüística pronunciouse hoxe a respecto da intención manifestada por Ciudadanos, partido sen representación por Galiza, de promover a modificación do Estatuto básico do empregado público para, segundo manifestaron responsábeis deste partido, prohibir que se exixa o coñecemento das linguas cooficiais ao funcionariado que deba prestar servizos nos territorios con lingua propia.

A Mesa quere lembrar que é o funcionariado quen presta servizos para a mellor atención á cidadanía e que esta atención, for ou non presencial, require o coñecemento das linguas que o administrado ten dereito de empregar. Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, esta proposta "só pretende restrinxir ou prohibir o exercicio do dereito das e dos cidadáns a se dirixiren na súa lingua á administración e a ser atendidos e entendidos nela, calquera que for o trámite".

Limites xa existentes. Prohibir o galego.

A Mesa lembra tamén que esta limitación xa existe na práctica, por moito que a lexislación internacional, estatal e nacional non a amparen. Recentemente A Mesa presentou o informe da Liña do galego de 2017, onde o 54% das queixas teñen relación coa vulneración dos dereitos lingüísticos por parte da administración.

"Agora pretenden prohibir de novo o uso do galego culpabilizando ás vítimas e negando dereitos humanos básicos como non padecer discriminación por razón de lingua". "Se esta discriminación é grave nas empresas privadas é máis na administración pública que debe velar por estes dereitos ", engadiu o representante da entidade en defensa do idioma galego.

A respecto da Administración Xeral do Estado, A Mesa insta a Ciudadanos a se informar antes de insistir na falsidade que só reflicte prexuízos e vontade de exterminar calquera sinal de pluralismo lingüístico e cultural. "Se estivesen informados saberían que non existe na Administración Xeral do Estado o requisito de coñecemento das linguas cooficiais, como poden comprobar cunha simples vista de ollos na última convocatoria publicada no BOE en xaneiro", afirmou Maceira.

Segundo indicou o presidente da Mesa, "o máis habitual hoxe é que grande parte dos trámites na Seguridade social ou en facenda non se poidan realizar en galego".

Precisamente este descoñecemento é o que está detrás de resposta como "!Pero a ver hombre! ¿usted no sabe hablar español?", das interminábeis esperas por atención en galego tras premer a opción telefónica correspondente, da negativa a atender que fale galego por membros das forzas de seguridade ou mesmo da multa, recorrida e gañada pola Mesa, que a AEAT pretendeu impor á entidade en defensa da lingua, argumentando dilacións por demandar a documentación en galego nun procedemento iniciado pola propia entidade cívica.

Esta iniciativa de Ciudadanos contra a pluralidade lingüística, e contra a lingua galega en particular, non é nova. No concello de Ferrol este partido xa quixo derrogar a Ordenanza de normalización Lingüística. Baixo o argumento falaz da obrigatoriedade pretende prohibir a utilización da lingua propia na administración. O avanzado neste dereito foi unha conquista da sociedade galega que se mobilizará ante calquera retroceso. Esta política agresiva no Estado contra as linguas propias é máis propia do século XIX que do XXI.

Maceira instou tamén ao Partido Popular de Galiza a se posicionar con claridade e a Xunta de Galiza a exercer activamente as súas obrigas de defensa e promoción da lingua galega non só de palabra mais tamén con feitos, comezando por retirar as modificacións introducidas na lei da función pública para non ter que demostrar na práctica o dominio da lingua galega, máis que cun simples certificado.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago