As tradicións marítimo-fluviais galegas seducen ao público de Pasaia
As tradicións marítimo-fluviais galegas seducen ao público de Pasaia
Información
18 Mayo 20182611 votos - Registrate para votar
Os peiraos de Trintxerpe, San Pedro e Donibane convertéronse este xoves nun auténtico fervedoiro. O público ateigou a liña de costa da extensa enseada de Pasaia para asistir en primeira liña á sesión de navegación inaugural do I Festival Marítimo que organiza a localidade euskaldún. Unha cita na que Galicia, a través de Culturmar, está a amosar todo o seu potencial cultural e patrimonial; tanto dende a lámina de auga, grazas á vintena de embarcacións tradicionais ata alí desprazadas; como dende terra, da man das palangreiras, redeiras, carpinteiros de ribeira, palilleiras e demais integrantes da delegación galega.
Ás seis da tarde deste xoves quedou oficialmente inaugurado o I Festival Marítimo de Pasaia, cunha travesía que converteu a enseada desta localidade fortemente ligada ao mar nun espectáculo de velas despregadas. Ás embarcacións locais uníronse as dornas, bucetas, botes e gamelas galegas; que coas súas manobras acapararon a atención dunha atentísima e expectante multitude.
Pero se a actividade buliu sobre as ondas, non foi menos en terra. E é que na zona expositiva da delegación galega o ir e vir do público non decaeu ao longo de toda a xornada. A música en directo de gaiteiros e demais músicos tradicionais; pero tamén os sabores dos petiscos mariñeiros servidos no Espazo Gastronómico; conseguiron que a animación e o bo ambiente non decaíse.
Non foi menos a atención acaparada polo traballo manual en directo dos artesáns do Espazo Obradoiros. A oportunidade de contemplar de preto a habilidade das mans de redeiras, palilleiras, palangreiras e carpinteiros de ribeira deixou prendido ao numerosísimo público vasco e francés que asistiu á cita. Público que non deixou tampouco de interesarse pola información turística e cultural distribuída dende os postos das Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra; do Ecomuseo de Arxeriz; e da Mancomunidade Arousa Norte.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)