Información
Portada

OS SOCIALISTAS ACUSAN Á FEIJOO DE USAR A XUNTA PARA DEIXAR A 3.800 FAMILIAS SEN PRAZA DE ESCOLA INFANTIL PÚBLICA

Información
23 Mayo 2018 2578 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Noela Blanco tilda de “fiasco” a promesa de Feijóo de facer unha escola en cada polígono industrial e critica que só teñan incrementado as prazas concertadas coa privada. A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou hoxe á Xunta de deixar a 3.800 familias sen praza nas escolas infantís públicas na última convocatoria. A responsable socialista cualificou de “fiasco” a promesa de Feijóo de dotar cada polígono industrial dunha escola infantil, xa que “nos últimos 2 anos fixeron 3, a este ritmo necesitarían 30 anos máis”.

 

Blanco criticou a falla de prazas dende a chegada de Feijóo, que “o único que fixo foi cambiarlles o nome por revanchismo político, subir os prezos máis dun 19 por cento, duplicar os prezos de comedor e presentar como novidade os concertos coas escolas privadas en 2015”.

Máis alá, sinalou, “o único que fixeron foi emborrachar á cidadanía con cifras de novas prazas en cada convocatoria electoral” pasando de anunciar 4.500 en 2010 e 5.200 en 2011 a 1.800 en 2015 e 1.000 en 2016. Advertiu que sumadas suporían 13.000 promesas de prazas, pero “das que somentes un terzo se teñen materializado, a gran maioría delas xa proxectadas polo goberno de Emilio Pérez Touriño”.

Lembrou que o goberno presidido polo PSdeG deixou proxectadas máis de 3.000, o que supón “máis do 80 por cento do que teñen feito nestes anos”. Somentes incrementaron, dixo, as escolas financiadas pola Fundación Amancio Ortega en Ourense, Santiago e Lugo, e as prazas concertadas duplicáronse cada ano dende as 256 de 2016 ás 424 de 2017.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+