Información
Portada

Na praia de Patos e nas da contorna de Ferrol se iniciaron os primeiros surfistas galegos nos anos 70 atraídos polo aspecto natural e salvaxe destes areais

Información
30 Junio 2018 2766 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Lucia MartinoValdoviño conta co Oceano Surf Museo, único de España adicado a este deporte e que recolle a estreita vinculación da familia Irisarri co seu desenvolvemento en Patos e posterior influencia no norte de Galicia


“Os dous concellos desexamos fomentar a cultura surfista común e promover os valores que conleva. Sería o primeiro irmandamento para Nigrán e unha fórmula excelente para manter ese vínculo que nos une dende os anos 70”, reflexiona o alcalde, Juan González
 
 O Concello de Nigrán e o de Valdoviño (A Coruña) traballan para realizar un irmandamento que promova e fomente a cultura surfista que ambos municipios comparten dende a orixe deste deporte en Galicia nos anos 70. Ambos rexedores, Juan González (Nigrán) e Alberto González (Valdoviño) abordaron a cuestión na presentación do Oceano Surf Museo de Valdoviño na praia de Patos en marzo e, posteriormente, o alcalde de Nigrán desprazouse ata Valdoviño.

 “Os dous concellos desexamos fomentar a cultura surfista común e promover os valores que conleva. Sería o primeiro irmandamento para Nigrán e unha fórmula excelente para manter ese vínculo que nos une dende os anos 70”, reflexiona o alcalde, Juan González.

 De feito, o Oceano Surf Museo, único de España adicado a este deporte,  recolle documentalmente (mediante fotos e vídeos cedidos) aos surfistas pioneiros en Galicia, que comezaron na praia de Patos atraídos polo aspecto natural e salvaxe deste areal e que pouco despois tamén chegaron a contorna de Ferrol (os dous polos do surf en Galicia na orixe).
 
 Precisamente, os amigos vigueses Nicolás Pita, Ángeles Vega e os irmáns Montenegro (Nacho e Víctor) foron os primeiros surfistas en Galicia e comezaron a súa andaina na praia de Patos a mediados dos anos 60, cando o común dos mortais descoñecía por completo a existencia do surf. Tras fabricar as súas primeiras táboas con pouco éxito, en 1969 viaxaron en coche ata Biarritz para mercar unha que se irían turnando ata 1972, cando Ángeles compra outra en Asturias por 8.300 pesetas  (o seu soldo mensual).

Sen embargo, un feito crucial para eles foi a chegada fortuita de tres australianos a Patos en 1974 , os ‘australian people’ trasmitíronlle as ensinanzas básicas que lles permitiron evolucionar como surfistas e ampliar a súa perspectiva deste deporte. Compre recordar que en Patos existía un camping no que, de cando en vez, chegaban estranxeiros que practicaban surf e que contribuíron a súa expansión.

 Pero se algún nome está vinculado ao inicio do surf en Galicia e a familia Irisarri. Setes dos 14 irmáns desta familia viguesa se iniciaron no surf en 1975 na Praia de Patos, onde ata entón estaban sos Nicolás Pita, Ángeles Vega e os irmáns Montenegro.  Os Irisarri eran todos uns apaixoados deportistas e ata entón pacticaban pesca submariña, camiño polo que se interesaron  despois polo surf e a súa cultura e valores asociados. Entre eles, tal e como relata Jesús Busto, presidente do Oceano Surf Museo de Valdoviño, destaca Vicente “su figura es transcendental en la historia del surf gallego, además de por haber sido el impulsor principal del Pantín Classic, es porque a principios de los 80 se constituyó como el nexo de unión entre las tres áreas principales del surf gallego:

Vigo, La Coruña y Ferrol”.

Aos 26 anos, por cuestións laborais debidas á súa formación como enxeñeiro naval, Vicente mudouse a Ferrol, onde coincide con Caros Bremón, surfista tamén pioneiro no norte galego. “Su carácter abierto y dialogante no sólo ayudó a disminuir la rivalidad entre las tres zonas costeras, sino que ha permitido que a lo largo de los años se hayan tendido robustos lazos de unión entre las distintas comunidades de surfistas gallegos”, relata Busto.

 As viaxes dos irmáns Irisarri, como os desprazamentos laborais a Sudáfrica de José a finais dos 70, permitiron que chegaran a Patos as mellores táboas do momento ou traxes de neopreno que en España eran moi difíciles de acadar (ata entón practicaban surf en bañador, e aos 7 minutos na auga perdían a sensibilidade). Atrás quedaban anos de inxenios para, de xeito artesanal, acadar todo o preciso para practicar esta disciplina.

 A partir de 1986 o surf xa se populariza en Patos e a apertura da primeira tenda especializada en Vigo en 1990, Novalbos, consolida por completo este deporte na comarca e, especialmente, en Nigrán coa praia de Patos.

 “Os lazos entre ambos municipios son evidentes dende o punto de vista cultural e humano, agora só se trataría de formalizalos e impulsalos a través das institucións a través dun irmandamento”, conclúe o alcalde de Nigrán ao respecto.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+