Información
Portada

Feijóo nen se inmuta ante a cuarta tarifa máis cara da historia de Galicia

Información
03 Enero 2019 644 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A TUR 1 subiu un 3,2% con respecto aos prezos de xaneiro de 2018, mentres que a TUR 2 fíxoo un 3,5%.

 FACUA-Consumidores en Acción advirte de que as tarifas de gas natural vigentes desde o 1 de xaneiro deste ano supoñen unha subida interanual dun 3,2% para a Tarifa de Último Recurso (TUR) 1 e dun 3,5% para a TUR 2.

 

 Segundo as análises de FACUA, a TUR 1, destinada a usuarios que non superan os 5.000 kWh ao ano, convértese na cuarta máis alta da historia, cunha factura mensual de 33,36 euros para un consumo de 400 kWh. Só a superan as de outubro de 2018 (34,80 euros), xaneiro de 2013 (34,17 euros) e setembro de 2012 (33,96 euros).

 Pola súa banda, os usuarios da TUR 2, destinada a aqueles que exceden os 5.000 kWh ao ano e que adoitan ser fogares con auga quente, cociña e calefacción con gas natural, pagan agora 59,88 euros para un consumo de 800 kWh ao mes. É a quinta tarifa máis alta da historia, só superada pola de outubro de 2018 (62,81 euros), xaneiro de 2013 (61,73 euros), setembro de 2012 (61,83 euros) e xullo do mesmo ano (60, 30 euros).

 A baixada do 4,4% de media que se produciu este xaneiro con respecto aos prezos que estiveron vigentes desde outubro de 2018, os máis altos da historia, non compensan a desproporcionada subida do ano pasado. O incremento interanual outubro-outubro chegou a alcanzar un 15,5%, nada menos que sete veces o IPC.

 FACUA reclama unha vez máis ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que introduza cambios na metodoloxía para a fijación das tarifas reguladas de gas natural de maneira que non se limite a trasladarlles as evolucións ao alza ou á baixa dos custos. Esixe, xa que logo, que se teña en conta a conxuntura económica e a grave situación que atravesan numerosas familias españolas, de maneira que se recorten as marxes de beneficio do sector para evitar os altos prezos dos últimos anos.

 Subidas do IVA e introdución dun novo imposto

 A asociación sinala que os incrementos aprobados no término fixo do recibo e a tarifa polo consumo víronse agravados nos últimos anos coas subidas do IVA en xullo de 2010 (do 16 ao 18%) e en setembro de 2012 (do 18 ao 21%) e coa introdución do Imposto Especial de Hidrocarburos en xaneiro de 2013, que incrementou o prezo do kWh.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+