Información
Portada

FEIJÓO “TENTA POÑER UNHA CARETA” TRAS “ABANDONAR GALICIA TODA A LEXISLATURA” PARA FALAR DAS COMPETENCIAS QUE TIÑA ESQUECIDO CON RAJOY

Información
05 Febrero 2019 563 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

feijooabandonagaliciaeadiasdaseleccionssevolveiluminadoconvisionsO secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusou ao presidente da Xunta de estar tentando “poñer unha careta” tras “abandonar Galicia toda a lexislatura” ao falar agora de traspasos de competencias e ao renunciar a acudir a un acto do seu partido en Madrid “coa escusa dunha obra”.

 

Cristina Narbona destaca que “más de un millón de gallegos serán beneficiados directamente” dos PGE. Por iso, incidiu Gonzalo Caballero, “o seu tempo acabouse”, porque “xa non ten credibilidade” cando reclama medidas ao goberno de Pedro Sánchez pero permitía que Rajoy deixase sen executar “máis de 2.000 millóns de euros”.

Feijóo deixa menos xente, peores servizos públicos, unha sanidade tocada moi profundamente…”, enumerou o líder dos socialistas galegos, ao tempo que reprobou que o mandatario “di unha cousa en Santiago e outra en Madrid” no que ás transferencias se refire porque non desbota “posibles alianzas con Ciudadanos e VOX”.

 

Por iso, incidiu Gonzalo Caballero, “o seu tempo acabouse”, porque “xa non ten credibilidade” cando reclama medidas ao goberno de Pedro Sánchez pero permitía que Rajoy deixase sen executar “máis de 2.000 millóns de euros”. E fronte a el ten, recalcou, “un PSOE que sabe gobernar para a xente, con prioridade social”.

Así o dixo o líder do PSdeG nun acto na Coruña coa presidenta do PSOE, Cristina Narbona, no que participaron tamén o vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena; a secretaria local, Eva Martínez Acón, e a candidata á alcaldía, Inés Rey.

PEGAR UN NOVO TEMPO” A GALICIA

Coa vista posta nos vindeiros comicios locais, Gonzalo Caballero apuntou que Inés Rey é “unha muller preparada e ben formada, con todas as condicións para ser unha magnífica alcaldesa” da Coruña. “Para que os grandes tempos da cidade volvan estar presentes”, concluíu.

E despois de que o secretario xeral garantise que todos os candidatos socialistas están preparados para “pegar un novo tempo” nas cidades e vilas galegas, Inés Rey debullou “unha cidade conciliadora, igualitaria, que aposta polo emprego e as novas tecnoloxías” tras oito anos nos que “se perdeu o orgullo da cidade”.

Necesitamos dar un xiro á Coruña, e debe ser un xiro desde a esquerda, pero desde a esquerda útil. Non vale con ter un programa, hai que saber desenvolvelo”, engadiu a candidata á alcaldía, despois de que tanto Pablo Arangüena como Eva Martínez Acón manifestasen a súa “dor” polo estado no que se atopa a cidade herculina.

PGE “PARA UN MILLÓN DE GALEGOS”

Pola súa banda, Cristina Narbona puxo o foco na importancia dos orzamentos xerais do Estado e nas principais medidas de carácter social postas en marcha polo goberno socialista, tales como a suba do SMI, a alza das pensións ou a mellora no salario dos empregados públicos.

Segundo defendeu a presidenta do PSOE, “más de un millón de gallegos serán beneficiados directamente” coa aprobación das contas, que ademais inclúen partidas “muy importantes” desde a óptica desta comunidade: “ligadas a la fijación de población en el medio rural, para potenciar el retorno de los que marcharon, para dotar a pequeños municipios de escuelas infantiles…”.

Ademais, indicou que a suba fiscal que prevén os PGE “no afecta ni al 1% de la población total”, o que representan as grandes empresas e as rendas moi altas, aínda que si repercute nunha maioría social e nas pequenas e medianas empresas. “A xustiza social require xustiza fiscal”, finalizou Cristina Narbona.

Otros articulos relacionados.....
23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)