Información
Portada

Denuncian unha trama de empresas vinculadas ao Partido Popular que reciben contratos millonarios desde 2011

Información
20 Marzo 2019 1660 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O BNG denunciou no Parlamento o trato de favor por parte da Xunta a determinadas empresas tecnolóxicas, como Indra,  e Veris, a través de cuantiosos contratos por importe superior a 70 millóns de euros a cambio da prestación de servizos informáticos e tecnolóxicos.

“Hai que ter en conta que estas empresas foron multadas pola Comisión Nacional de Mercado de Valores (CNMV) o pasado 1 de agosto de 2018 por argallar un cartel de empresas, así o di o propio órgano de control, para amañar adxudicacións de contratos por servizos tecnolóxicos e informáticos con administracións públicas”, explicou o deputado Luís Bará en Comisión parlamentaria.

Por iso, o BNG pide á Xunta que leve a cabo unha investigación “pola posible actuación deste cartel tamén en Galiza, pois estas empresas recibiron ducias de contratos millonarios, están empotradas na administración pública, mesmo se pode dicir que son prolongacións da propia administración, e recibiron contratos das consellerías e de organismos da Xunta”, explicou Bará.

Na súa argumentación, o deputado fixo constar ante a directora xeral de Avaliación  Administrativa, Natalia Prieto, “a existencia de numerosos contratos adxudicados a dedo desde 2011 polo procedemento de negociado e sen publicidade”. Por exemplo, desde o SERGAS eses contratos sumaron máis de 5 millóns de euros.

 “Falta transparencia e sobra opacidade neste ecosistema de empresas, moitas delas multinacionais que se están lucrando da privatización de servizos públicos como ocorre na sanidade, e pedimos que se estude, se investigue e se aclare a actuación deste cartel en Galiza”, insistiu Bará.

A modo de exemplos, citou os contratos de atención 012 adxudicados en 2011 a unha empresa de capital risco, Contac Nova do grupo Netadccede-, creada en 2009 por ex altos cargos da Xunta e do PP, “entre eles o ex director xeral de informática”. Foi beneficiaria de numerosos contratos nos últimos 8 anos, “como o de atención telefónica e de cita previa do SERGAS desde 2011 por valor de 9 M€”.

Neste contexto, o BNG solicitou todos os contratos para analizar este entramado de empresas tecnolóxicas “que medran ao amparo do PP”, de feito, indicou Bará a modo de exemplo, o presidente da Xunta mantivo un encontro en 2014 cos responsables de Everis, outras das firmas sancionadas pola CNMV, “e vese que a reunión deu resultado porque desde entón non fixeron máis que recibir cuantiosos contratos da administración galega”, concluíu Bará.

 

 

Una asesora de Feijóo facturó irregularmente 136.887,29 euros

Xornal Galicia-20 jul. 2018

Sín embargo, en los documentos oficiales solo aparece su nombre con el medio Xornal Galicia Sur Ourense. En las otras dos publicaciones ...

Exclusiva Xornal Galicia.- Alberto Núñez Feijóo, "da alas ...

Xornal Galicia-14 jun. 2018

Exclusiva Xornal Galicia.- Alberto Núñez Feijóo, "da alas" acompañado de, Beatriz Mato (tramaAzetanet), junto a #xulioferreiro "intimo del líder ...

Ulibarri buscó la intermediación de un amigo de Feijóo para amañar ...

Xornal Galicia-30 ago. 2018

La trama 'Enredadera', cuyo presunto cabecilla es el empresario leonés José Luis Ulibarri, trató de acercarse al exalcalde de La Coruña y ...

Ángeles Vázquez de corresponsal del Progreso a Conselleira do ...

Xornal Galicia-3 ago. 2018

En el Progreso Corresponsal, Directora de Radio Melide, TRAMAS Y ENREDADERAS, DIGNAS DE UN "BEST SELLERS" CUYA FIRMA DE ...

La "operación ENREDADERA" se acerca peligrosamente a Feijóo al ...

Xornal Galicia-5 jul. 2018

La trama "enredadera" con multitud de detenidos por toda España ... fuentes de Xornal Galicia nos afirman que ya era conocedor de las ...

Feijóo usó la Xunta durante años para "UNTAR" las actividades de ...

Xornal Galicia-15 jun. 2018

... delitos del dinero público, todos ellos "protegidos del PPdeGalicia y ... PLADESEMAPESGA fué el detonante de la trama en el Tribunal de ..... Un dominio web www.rafaelalvaromillancalenti.es catalogado como "Xornal de ...

El Depor sigue bajo la derrota para cerrar la primera vuelta

Xornal Galicia-13 ene. 2019

El Deportivo sumó una nueva derrota a domicilio en su visita al Real Mallorca, que se impuso con un solitario gol a poco más de 10 minutos ...

Mar Sánchez Sierra ( alto cargo del PPdeG ) muy activa en "prohibir el ...

Xornal Galicia-17 feb. 2019

2019. Se desconoce si ( María del Mar Sánchez Sierra, Secretaria de Medios de ... Director de Xornal Galicia Agencia de Noticias Actualidad Ibérica.

A Secretaría de Medios que dirixe Mar Sánchez Sierra, non ten control ...

Xornal Galicia-9 feb. 2019

... Xornal Galicia Norte A Coruña, S.L. A.Domínguez Mariño Xornal Galicia .... de la trama que se iniciaba apara acceder a los fondos públicos.

Betariz Mato - Feijóo y el caso Caso Operación Zeta se presenta a las ...

Xornal Galicia-24 ago. 2018

Una supuesta trama de falsos cursos de formación y captación y gestión irregular de fondos públicos. La jueza intenta esclarecer la presunta ...

 

Otros articulos relacionados.....