Información
Portada

A pesca marítima recreativa xa ten o seu código de boas prácticas

Información
04 Febrero 2019 421 votos

No marco do Proxecto SICORE que lidera a USC para analizar o impacto socioeconómico e ambiental da pesca marítima recreativa en España, o profesor Sebastián Villasante e o investigador Pablo Pita, ambos os dous da Universidade compostelá, acaban de rematar a coordinación do Código de Boas Prácticas na Pesca Marítima Recreativa. Este documento supón unha novidade no ámbito da Pesca Marítima Recreativa en España, por ser a primeira vez que todo o sector acorda en común unhas normas propias.

Información
Portada

Autovía A-57: gastar cartos públicos para manter o negocio de Audasa

Información
04 Febrero 2019 660 votos

Este 4 de febreiro remata a prazo de alegacións do treito da autoestrada A-57A Ermida–Pilarteiros proxectada como circunvalación de Pontevedra. É unha infraestrutura que nace sen demanda social, cara, e froito de políticas de mobilidade caducas e insustentábeis, xa que o tráfico de alta capacidade da comarca podería ser absorbido pola AP-9, se resgataran a peaxe.  
O plano técnico deste novo treito contempla dúas alternativas de trazado, que atravesan mediante viadutos o espazo natural do río Lérez integrado na Rede Natura 2000.

ADEGA denuncia o malgasto de cartos públicos que supoñen este tipo de infraestruturas, baseada en políticas de mobilidade caducas e insustentábeis, e cuxa única fin semella ser manter o negocio das grandes construtoras e seguir engordando as contas da concesionaria da AP-9.

Desvertebrando o territorio: o impacto da A-57 na fauna, flora e paisaxe

Ambas as dúas variantes consideradas para o treito da A-57 afectan ao espazo protexido ZEC Río Lérez, código UE ES1140002, parte da RN2000 galega. Este espazo protexido acolle hábitats prioritarios e de interese europeo, particularmente o 91E0* Bosques aluviais coa asociación Senecio bayonensi - Alnetum glutinosae (hábitat prioritario) e 9230 Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica, que verán reducida a súa superficie de xeito significativo.

O Pleno aprobou as mocións de PSOE e BNG sen o apoio do PP que “non ve empeoramento na sanidade pública” e di que “non houbo recortes”. Profesionais concentráronse hoxe por 2º martes consecutivo nos centros de saúde dos Concellos baixo o lema “NON MÁIS RECORTES E MÁIS PERSOAL. POLA DIGNIDADE DA SANIDADE PÚBLICA”

Galiza exporta o 40% da electricidade que produce pero en 2018 perdeu 8.500 postos de traballo no sector industrial e, a día de hoxe, hai 2.000 empregos en risco só na comarca da Coruña debido aos custes enerxéticos, con ALCOA como exemplo máis claro.

risfafakeO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vai cumprir un propósito que fixo a pasada Noitevella. No mes de febreiro de 2019 vai renunciar ao soldo que ten asignado, é dicir, a 80.818,23 € ao ano.
 
Como únicos ingresos contará coa RISGA.
 
Con este xesto, o presidente galego quere amosar a súa solidariedade cos miles de fogares galegos que están en risco de pobreza (un 18,7% das galegas segundo as estatísticas) e que levan anos agardando por facer da RISGA un verdadeiro dereito.
Núñez Feijóo tomou esta decisión mentres “desde a Xunta non sexamos quen de publicar o decreto”.
 
Así desde febreiro e até a publicación da norma que desenvolva a lei de inclusión de Galiza o presidente da Xunta será perceptor da RISGA.
 
Durante todo o tempo que pase até a publicación do decreto que desenvolva a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galiza Feijóo vivirá con 403,38 €/mes. O
presidente recoñece así a súa responsabilidade e preocupación polo tema: "desde a entrada desta lei pasaron catro anos e tres conselleiros que non foron quen de publicar o decreto que ten que desenvolver os aspectos máis beneficiosos da RISGA, tiña que facer algo e optei por este xesto para chamar a atención".
O presidente tamén declarou que "complementarei os ingresos da RISGA, co paquete do Banco de Alimentos, coa axuda da parroquia e co que me dean nas ONGs. A RISGA non chega é precisarei da caridade de moitas organizacións para poder rematar os meses".

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a catro anos de cárcere e a pagar unha multa de seis millóns de euros a José Ramón P.B., alias Sito Miñanco, como autor dun delito de branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas. O tribunal impuxo a mesma pena de prisión e multa á primeira esposa de José Ramón P.B., a unha das súas fillas, a súa excuñada e a un empresario. Ademais, acordou a clausura definitiva da entidade Inmobiliaria San Saturnino S.L., á que considera “o eixo ao redor do cal todos os acusados levaron a cabo o delito de branqueo de capitais”, e decretou o comiso da totalidade de bens adquiridos con cartos procedente do narcotráfico.

Información
Portada

Lamentan o falecemento dos compañeiros Enrique Veira e Alfonso Quintana

Información
27 Enero 2019 464 votos

              

Á esquerda, Alfonso Quintana nunha imaxe de arquivo; á dereita, Enrique Veira

Á esquerda, Alfonso Quintana nunha imaxe de arquivo; á dereita, Enrique Veira

Enrique Veira Pino foi un dos fundadores das CCOO de Galicia e, de feito, resultou elixido membro da primeira Comisión Executiva Nacional, dirixida por Manuel Amor. Procedente do sector do metal —era traballador de Isolux—, tamén tivo cargos na antiga Federación Minerometalúrxica —actual Federación de Industria— e na Unión Comarcal de CCOO da Coruña.

19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)