Información
Santiago

Sánchez Bugallo aposta por un "escenario de diálogo e negociación permanente" para darlle a Santiago un "impulso decisivo"

Información
15 Junio 2019 734 votos

 Xosé A. Sánchez Bugallo tomou posesión do cargo de alcalde no Pleno de constitución da nova Corporación 2019-2023 celebrado na mañá deste sábado. O cabeza de lista do PSdeG-PSOE foi elixido ao ser o candidato máis votado (10 votos), fronte aos 8 recibidos polo candidato popular, Agustín Hernández e contando con 7 votos en branco ou abstencións.

 

Sánchez Bugallo comezou o seu discurso de toma de posesión agradecendo a confianza, á que se comprometeu a responder cunha "total dedicación, lealdade e compromiso". Nese sentido, reafirmou o seu "compromiso de lealdade e de servizo a Compostela e a todas as veciñas e veciños" e a súa dedicación a que "Santiago aproveite estes catros anos para tomar un impulso decisivo".

En canto aos obxectivos do seu mandato, citou o Ano 2021 como o "grande reto" e a "máis grande oportunidade", pero tamén se referiu a outros sectores estratéxicos, como a Universidade, a industria, o comercio ou o turismo. Sobre este último, indicou, cómpre "reformular a nosa aposta polo turismo, nun momento no que parece que a atracción está garantida, e toca buscar a selección e harmonizar a convivencia coa propia cidade", buscando un modelo "sostible, máis rendible economicamente e que permita a convivencia entre a poboación local e o turismo".

Responsabilidade compartida 
Tamén se referiu o novo alcalde aos escenarios de goberno que se presentan, expresando a súa preferencia por "un escenario de diálogo e negociación permanente, sen exclusións, intentando incorporar a toda a Corporación, ou cando menos aos que estean dispostos a confluír no proceso de definición dos obxectivos e do proxecto de cidade". "Apelo á responsabilidade compartida, á corresponsabilidade, á que cada quen, dende a posición que lle deron os cidadáns, se sinta parte desta tarefa conxunta e compartida de construír Compostela", reiterou.

Así, o alcalde dirixiuse aos concelleiros e concelleiras da Corporación apuntando que a tarefa de gobernar na nova lexislatura "vai ser un proceso complexo, que vai requirir paciencia case infinita e multitude de esforzos". Pero aseguroulles que "se o facemos así, será un éxito de todos e un triunfo para Compostela. E por iso pídolles o mesmo que ofrezo, lealdade á cidade, xenerosidade, diálogo e altura de miras"

Puxo como exemplo desta desexable cooperación, o acordo asinado por todos os cabeza de lista co Foro Cívico a prol da "defensa e da activación en común dos intereses xerais de Santiago de Compostela, con referencia expresa á industrialización, á estación intermodal, ás infraestruturas, á EDAR e á reforma e modernización da Administración Municipal"; e tamén o compromiso do Pacto polo Rural.

Seguindo con ese ámbito da cooperación, Xosé A. Sánchez Bugallo aposta por recuperar o Consorcio da Cidade de Santiago como instrumento imprescindible e efectivo" e, con iso, pola "recuperación da posición institucional de Santiago como cidade singular dentro de Galicia e de España".

Ano Santo e Plan Estratéxico 
De volta ao Ano Santo 2021, indicou que debemos acoller a todas as persoas que chegarán para esa data nunha cidade "ordenada, amable, acolledora, limpa e segura". Con ese obxectivo, anunciou a posta en marcha, con carácter inmediato, dunha comisión de traballo preparatoria.

Outros obxectivos do novo Goberno municipal será o Plan Estratéxico Compostela 2020-2030, no que será parte fundamental "a recuperación da Cidade Histórica como cidade viva e habitada, que oferte a mesma calidade de vida para os seus veciños que no resto da cidade". Medidas como a posta en marcha da Concellaría, da Oficina e do Consello Municipal da Cidade Histórica irán nese sentido.

Oportunidades para todos/as 
No eido social, Sánchez Bugallo indicou que traballará para lograr unha cidade "inclusiva, igualitaria, aberta, con oportunidades para todas e todos, en suma, unha boa cidade para vivir e traballar, porque esta é sen dúbida a razón pola que nos escolleron os veciños e veciñas de Compostela". Por iso, dixo, apostará por unha cidade solidaria, que protexa especialmente as persoas con maiores dificultades, e por revitalizar os barrios.

O alcalde tamén tivo palabras para o persoal municipal, convencido da súa "participación e implicación activa". "Foron quen de facelo noutros momentos e estou convencido de que poderemos contar coa súa profesionalidade e dedicación nesta nova etapa; aínda que sei das dificultades que tiveron e teñen que afrontar como consecuencia dunha longa década de recortes e de outras moitas cousas", indicou.

Finalmente e antes do capítulo de agradecementos, Sánchez Bugallo fixo un chamamento á sociedade civil para que "sexa partícipe activa dos procesos; partícipe e sexa esixente con todos os seus representantes, comezando polo Goberno municipal e por quen lles fala; que non se conforme co que temos, Santiago pode e debe facelo moito mellor e chegar máis lonxe".

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago