Información
Santiago

Sánchez Bugallo, optimista ( non se concretou nada de nada ) sobre a retirada da cláusula dos 3,5 millóns da intermodal

Información
18 Julio 2019 394 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Foto,- Bolígrafo e papel, sen que trascendera si se fixo unha soa línea cos mesmos, sendo soamente para facerse a foto de prensa.

Encontro cordial e produtivo ( fume e palla ardendo sen mais, ou o que é o mesmo, reparto de votos cara as elccións da Xunta ). Así definiron o alcalde de Santiago, Xosé Sanchez Bugallo, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a xuntanza mantida hoxe, na que trataron os proxectos nos que Xunta e Concello traballan conxuntamente. Entre eles, a EDAR, a intermodal ou o transporte público. Na comparecencia posterior ante os medios, Ethel Vázquez amosouse favorable a eliminar a cláusula de 3,5 millóns de viaxeiros que condiciona futuras actuacións na intermodal.

 

Sánchez Bugallo, que precisamente onte solicitou á presidenta de Adif a eliminación desa cláusula, aclarou que é o preciso que as tres administracións -Xunta, Concello e Ministerio de Fomento- se poñan de acordo, porque "ten que ser modificado polas tres partes, e penso que é posible". Sobre a posición de Fomento, "véxoa aberta, pero non me atrevo a dar nada por feito", engadiu. Ethel Vázquez coincide en que as seguintes xuntanzas sexan a tres bandas, porque "estamos a falar dun proxecto que supón diferentes elementos que implican as tres administracións" e é necesario "seguir avanzando coordinadamente".

A conselleira de Infraestruturas destacou a coincidencia "no obxectivo e no desexo de que Santiago teña a mellor estación intermodal posible e tamén o antes posible; e que estea á altura da cidade". Subliñou que a Xunta de Galicia ten as obras a "pleno rendemento. Dezaseis millóns de euros en obras", cofinanciadas polo Goberno galego, o Concello de Santiago e Adif, para a terminal de autobuses e para a pasarela que conectaría esa terminal coa estación de tren.

Revisión dos accesos dende Clara Campoamor 
Sobre os acesos á futura terminal de autobuses dende o vieiro Clara Campoamor, o alcalde apuntou que "imos intentar convocar antes de final de mes unha comisión técnica para darlle luz verde e que poida saír a exposición ao público. A próxima parte será a redacción do proxecto de execución e do proxecto de obras". Espera que se poida sacar a licitación no mes de outubro, adxudicalo en decembro e comezar as obras en xaneiro. "É o plan co que traballamos", dixo, co obxectivo de empezar canto antes os traballos.

Ao respecto deste punto, Ethel Vázquez agradeceu ao alcalde que se revise o proxecto de Clara Campoamor para garantir "maior seguridade e mobilidade", e espera que no ano 2020 "teñamos esa pasarela, esa terminal de autobuses e eses accesos da primeira fase da estación intermodal".

Reiterou Sánchez Bugallo que a "revisión do vial Clara Campoamor ímola plantexar para mellorar a accesibilidade e a seguridade e que non bloquee Pontepedriña nin a rotonda da avenida de Lugo". Unha revisión, engade, que "sexa coherente coa actuación que pretendemos na zona sur de Santiago, especialmente na entrada do Castiñeiriño".

Transporte público 
Outro dos asuntos tratados foi o transporte público, no que Xunta e Concello están traballando conxuntamente. Con coincidencia tamén na reformulación das liñas e no anuncio de que a liña do aeroporto pasará a ser titularidade municipal.

Para Sánchez Bugallo, estamos diante dunha oportunidade histórica, porque coincide a finalización da concesión das liñas de transporte de Xunta e Concello. Isto permitirá, segundo o alcalde, "reprogramar o transporte urbano dende unha nova fase", na que a colaboración é imprescindible. "É o único mecanismo a través do que podemos articular unha solución racional e acaída que permita responder ás demandas dos veciños".

EDAR 
A conselleira de Infraestruturas sinalou a necesidade de traballar conxuntamente para impulsar o proxecto da depuradora da Silvouta e ofreceu a máxima colaboración da Xunta tanto no tema de verteduras como no resto de trámites administrativos.

Para Sánchez Bugallo, o asunto da EDAR é "unha prioridade do Goberno dende o minuto un". Explicou que o vindeiro día 30 hai unha reunión en Santiago convocada por ACUAES con todas as empresas que se presentaron ao concurso. Nese encontro, no que se visitarán as instalacións, estarán presentes membros da Consellería de Infraestruturas e do Concello. Servirá, segundo o alcalde, para que as empresas "poidan afinar as súas propostas". A partir de aí, dixo, "seleccionaranse as empresas que concorran co proxecto final".

Destacou Sánchez Bugallo a présa e a urxencia do procedemento, porque "é necesario definir cal é a tecnoloxía que se vai aplicar, e cal é a ocupación que se vai producir. Diso derivarase cal é o procedemento ambiental de tramitación que corresponde, se é o simplificado ou o outro". Neste sentido, aclarou que o procedemento simplificado é o único que "nos ofrece unha posibilidade de que poidamos manter os fondos europeos actualmente asinados".

Camiños de Santiago 
Outro asunto no que Xunta e Concello traballan conxuntamente son os Camiños de Santiago. Sinalou Ethel Vázquez que "estamos preparándonos para o 2021", con actuacións en nove ámbitos dos camiños inglés, portugués e francés, ás que se destinan doce millóns de euros. A próxima licitación, anunciou, será a do tramo avenida de Lugo- Concheiros.

Sobre o complexo administrativo de San Caetano, Sánchez Bugallo indicou que "o noso criterio é colaborar coa Xunta para que Galicia teña unha cidade administrativa, a mellor que sexa posible, aquí en Santiago".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+