¡ Todos a una como vivienda ovejuna ! Concello e Xunta colaborarán para impulsar a política de vivenda en Santiago de Compostela

Información
Santiago | 02 Septiembre 2019 | 1124 votos | Correo electrónico | Imprimir

A xuntanza estivo centrada en dous temas, segundo explicou o alcalde. Un deles foi o impulso ao polígono industrial da Sionlla. "Imos traballar en conxunto para que o maior número de empresas se instalen nesta superficie", apuntou Sánchez Bugallo, que anunciou próximas reunións entre técnicos de Concello e Consellería, e tamén a un nivel maior, antes de final de mes, para avanzar nesta cuestión.


Na reunión tamén se falou de "impulsar a política de vivenda, desaparecida nos últimos anos", afirmou o rexedor. Lembrou que o Concello é propietario de diferentes parcelas edificables, e que tamén a Consellería ten algunha, como a de Xoán XXIII. "Imos ver a maneira de aunar esforzos para facer unha política efectiva de vivenda orientada aos sectores sociais máis desfavorecidas", explicou o alcalde. 

social youtube xornalgalicia   feed-image