Información
Santiago

Bugallo aposta por "confabularse" cos políticos da oposición, institucionais para os grandes retos da cidade

Información
06 Septiembre 2019 913 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que o Goberno municipal xa comezou a traballar nas ordenanzas fiscais e nos orzamentos para 2020, coa previsión de "telos pechados en outubro". Agora, dixo, comeza unha etapa de "tramitación e negociación". Neste sentido, ten a intención de manter xuntanzas cos voceiros dos grupos municipais para "pulsar a marxe de colaboración".

 

Sánchez Bugallo enmarcou esta preparación dos orzamentos 2019 na recuperación dunha "normalidade institucional" que agarda sexa tamén unha "normalidade política". Espera que se abra unha "etapa de colaboración", porque "catro anos de confrontación non beneficiarían a Santiago de Compostela".

Nesa busca de "acordos e puntos e común", o alcalde apuntou a necesidade de constituír canto antes o Consello Económico e Social, órgano no que están reunidas as institucións e colectivos da cidade, que permitirá "afondar no Plan Estratéxico e na definición dun proxecto de cidade que nos poida ser útil a todos e que poida ter continuidade nos seus elementos esenciais". Puxo o Ano Santo 2021 como exemplo deses retos que requiren "un gran nivel de consenso".

Casa parroquial de Santa María Salomé
Preguntado polos xornalistas sobre a situación de deterioro da antiga casa parroquial de Santa María Salomé, na rúa Nova, o rexedor lembrou que hai un expediente aberto sobre a mesma e que "xa no seu día se lle deu orde de execución". Indicou que se están mantendo contactos coa propiedade e amosouse convencido de que "a propiedade actuará de forma urxente" e solicitará a licenza para intervir sobre o inmoble. En caso contrario, dixo, "se hai risco, adoptaranse medidas cautelares inmediatas".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+