Información
Santiago

Todos os días do último novembro trouxeron chuvia a Santiago de Compostela

Información
02 Diciembre 2019 324 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O pasado novembro foi un mes de récord no que a chuvia se refire. Foto: Santi Alvite

No mes de novembro que acabamos de despedir choveu todos os dias en Santiago de Compostela, tal e como xa sucedera no ano 1997, malia que o novembro de 2019 superouno en 2,4 litros por metro cadrado. Os 431,9 litros por metro cadrado recollidos na estación meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller ao logo do último novembro non supoñen un récord de chuvia neste mes en Compostela xa que logo, por exemplo, en novembro do 2000 medíranse 530 litros por metro cadrado en 28 dias. Porén, si que pode cualificarse de récord se só se toman en consideración aqueles meses de novembro nos que choveu todos os días nos últimos cincuenta anos, como foi o caso de 1997 e 2019. 

 

 

No novembro de 1997 caeron en Santiago de Compostela 429,5 litros por metro cadrado tamén en 30 dias. En 2019, a data de 30 de setembro só se tiñan rexistrado na capital de Galicia 894 litros, todo elo logo dun primeiro semestre bastante seco e dun verán normal. Tendo en conta que a media de chuvia atópase preto dos 1.800 litros por metro cadrado, tiñamos daquela un importante déficit hídrico. Dende entón, choveu en 52 de 61 días e o cómputo pluviométrico ascendeu xa a 1.581,8 litros por metro cadrado, de tal xeito que a dia de hoxe estamos a niveis normais a falta do que suceda en decembro.

 

O novembro mais chuvioso nos últimos cincuenta anos foi o de 2000 con 530 l/m2 en 28 dias, seguido do novembro de 2002, con 506,7 l/m2 en 27 dias. Nestas últimas cinco décadas, outros meses con chuvia diaria na capital de Galicia foron asemade febreiro de 2014 ( 441,2 l/m2), xaneiro de 2014 (498,7 l/m2) e decembro de 2000 (782,1 l/m2). Con un só 

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+