El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+

Información
Santiago

Bugallo defende pechar os pisos turísticos (suplemento da economia familiar) para que ganen mais os lobys hoteleros

Información
16 Diciembre 2019 673 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

No Pleno o vindeiro xoves, 19 de decembro, votarase a aprobación dunha moratoria na concesión de autorizacións para pisos de uso turístico, tal como explicou esta mañá o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na súa habitual rolda de prensa dos venres. Esta é unha medida cautelar mentres se tramita unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para regular esta materia.

 

"O noso obxectivo non é eliminar os pisos turísticos, que é unha oferta que chegou para quedarse e que responde a unha demanda do mercado, pero o que si queremos é regular e limitar, porque o que non podemos permitir é que un fenómeno conxuntural nos arrase co modelo de cidade", indicou Sánchez Bugallo, para quen "o problema non son os 641 establecementos recoñecidos a día de hoxe pola Xunta, senón un número moi superior que funciona de forma irregular", ademais do "incremento exponencial das demandas de autorizacións para pisos turísticos".

Explicou que a moratoria responde ao convencemento de que, de non adoptala agora, "dentro dun ano sería tardía e inútil a modificación do Plan Xeral. De aí a suspensión cautelar do procedemento de autorización de novos usos de aloxamento temporal mentres se tramita a modificación do PXOM. Entende o rexedor que, tras as conversas mantidas que, unha vez aprobada esta moratoria e publicada no Diario Oficial de Galicia, a "Xunta non regularice máis vivendas".

Nesa modificación, apuntou, "será moi importante harmonizar as normativas municipal e autonómica e nesa dirección, para evitar contradicións evidentes, traballaremos coa Consellería de Cultura e Turismo". Sobre a elección da modificación do PXOM como mecanismo para regular esta materia, o alcalde dixo que responde á intención de "blindala o mellor posible dende o punto de vista xurídico". Botando a ollada atrás sobre os numerosos recursos xudiciais existentes nesta materia en diversos ámbitos en España, insistiu en considerar esta fórmula como "un procedemento máis sólido" que unha ordenanza ou un regulamento.

Sánchez Bugallo afirmou que, á hora de afrontar esta cuestión, hai que realizar unha reflexión sobre a planta hoteleira de Santiago de Compostela, que "xa ten unha oferta moi elevada". Así, cifrou nunhas 13.000 as prazas hoteleiras de Santiago (incluíndo hoteis, pensións e pisos turísticos regulares), "unha oferta enorme para unha cidade de 90.000 habitantes, e se incluímos outra serie de servizos de albergue ou residencia a través de institucións e os pisos de aluguer turístico irregulares, a cifra podería roldar as 20.000 prazas".

Sobre as cuestión a regular na modificación do PXOM, o alcalde apostou por "preservar con carácter xeral que nas áreas residenciais se manteña o uso residencial permanente". Tamén considera necesario "fixar un número máximo de autorizacións, a nivel xeral e por zonas, e mesmo fixar topes de utilización dunha residencia como vivenda de uso turístico".

De todas estas medidas informou o alcalde esta mañá aos/ás integrantes da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga), cos que se reuniu esta mañá en compañía do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte.

Vivendas baleiras
Preguntado polas vivendas baleiras, o rexedor quixo separar este tema do das vivendas turísticas. "Estamos á espera da normativa legal que nos habilite para intervir". Lembrou que un Decreto estatal fixa esta posibilidade de intervención, pero que está pendente dunha disposición estatal ou dunha norma reguladora autonómica que "determine cando unha vivenda está baleira".

A este respecto, expresou a discrepancia entre as cifras do Instituto Galego de Estatística, que utiliza criterios censuais para fixar en 9.000 as vivendas baleiras de Santiago, e as do Concello, que utiliza o criterio do consumo de auga, cuantificando unhas 6.000 vivendas. En calquera caso, dixo, "estas son cifras estatísticas, pero non teñen unha validez legal", polo que é necesaria a devandita regulación.

Solidaridade coa veciñanza de Miramontes
Tamén a preguntas dos xornalistas, o alcalde expresou a súa "gran simpatía e total solidariedade" coa veciñanza de Miramontes en relación ao "calvario que están sufrindo" coa canteira e lembrou que o Concello tamén se persoou en todos os procedementos. "Non temos competencia, pero si incumbencia, porque afecta á calidade de vida dos veciños de Santiago", indicou o rexedor, coincidindo coa veciñanza na existencia de "elementos de contaminación".

Sen descartar a necesidade de máis controis, aclarou que "o problema é a actividade que alí se está desenvolvendo e a falta de honradez cos veciños e co Concello de Santiago respecto a unha autorización que teoricamente era para recuperación ambiental e que se acaba convertendo no que é hoxe, no lugar onde se depositaron miles de toneladas de lixo do rexeitamento do vertedoiro da Coruña. E iso é unha gran responsabilidade dos que o autorizaron, dos que o permitiron e dos que o fixeron".

Xunta Local de Seguridade
Finalmente, o alcalde anunciou tamén para o xoves 19 a celebración da Xunta Local de Seguridade, na que "faremos un balance da situación da seguridade en Santiago e falaremos dunha serie de iniciativas que se poñerán en marcha o ano que vén".

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....